Skip to Content

Artigos

"Sabela e o paxaro máxico" de Tarabelos Teatro

O día 15 de decembro tivemos a oportunidade de asistir no patio cuberto do centro  a unha representación teatral "Sabela e o paxaro máxico" de Tarabelos teatro. Esta actividade, organizada pola anpa do centro,  foi moi divertida e gustou moito a todos os nenos e nenas.

Agradecemos á anpa por ofrecernos esta actividade.

Campaña de difusión

A comunidade educativa do CEIP de Sestelo-Baión ven traballando desde o mes pasado nunha campaña de difusión e publicidade da realidade privilexiada do noso centro. Aproveitando o comezo do prazo de matrícula o 1 de marzo editamos máis de 2.500 boletíns informativos para repartir pola contorna do colexio co obxectivo de atraer a atención dos pais con fillos en idade escolar.



by Dr. Radut