Skip to Content

5º Curso

Vista Fraga de Sisalde

O mércores 10 de maio visitamos a Fraga de Sisalde ( Barrañán, Arteixo) . Unha contorna chea de beleza, na que aprendemos moitas cousas sobre a flora e fauna desta zona.

DÍA DO LIBRO 2023

  O día 23 é o Día do Libro. Para celebrar esta data o alumnado de 5º A apadriñou ao de 5º E. Infantil: elexiron un libro, foron buscar ao nenos/as á aula, sacáronos ao patio e léronlles o conto. Ademáis intercambiaron agasallos. Foi todo un acontecemento. Disfrutamos moito!

DÍA DO LIBRO 2023

O venres 21 de abril celebrouse no centro o Día do Libro. Os alumnos/as de 5º B apadriñaron aos nenos/as de 6º de Educación Infantil. Foron buscalos á súa aula e leváronos ao patio  onde lles contaron un conto. A verdade é que todos disfrutaron un montón,foi unha actividade moi enriquecedora.

 

Actividade Musical

O pasado 14 de abril, o alumnado de 5º B tivo unha actividade musical organizada polo Concello. Durante o desenrolo da mesma os nenos escoitaron un conto onde se traballaban as emocións, despois leváronse a cabo diversas actividades musicais. Pasárono moi ben.

 

ACTIVIDADE MUSICAL 5º A

 O pasado 14 de abril o Concello de Arteixo organizou no Centro unha actividade musical moi interesante para os nenos/as de quinto: escoitamos un conto para traballar as emocións, cantamos, bailamos,...

OBRADOIRO COIRO

O pasado mércores día 15 tivemos un obradoiro de coiro, organizado polo Concello: fixemos pulseiras e chaveiros para todos. Moi intesante!

Semana da Prensa ( 5º B )

 A semana pasada celebramos a Semana da Prensa,  o alumnado de 5º B compartimos unha actividade cos alumnos/as de 6º de Educación Infantil.

Previamente, cada rapaz/a de 5º redactou unha noticia para despois lerlla ao nenos/as de Infantil.

A verdade que foi unha actividade enriquecedora para todos/as e disfrutaron un montón tanto os maiores como os pequenos.

 

Semana da Prensa (5º A)

 Para celebrar a Semana da Prensa na escola os nenos e nenas de 5º A escollemos unha noticia cada un para contarlles ao alumnado de 5º E. Infantil, que tamén nos tiñan unha sorpresa preparada: unha noticia que eles mesmos crearon. Disfrutámolo moito e pareceunos moi interesante.

Día da Muller Traballadora

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora, os alumnos/as  de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron un mural sobre diferentes mulleres que destacaron en diversos campos: ciencia, arte, escritura,etc. 

 

ENTROIDO 2023

Outro ano máis disfrutamos da festa do entroido: disfrazámonos de personaxes do Hobbit, desfilamos polas rúas de Meicende, comemos filloas, orellas, rosquillas... Pasámolo moi ben!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut