Skip to Content

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA - REUNIÓN ALUMNADO NOVO INGRESO (4º ED. INFANTIL)

MATRÍCULA:

Para concluir o proceso de admisión do alumnado admitido neste centro é necesaria a formalización da matrícula. 

Documentación a presentar:

- Impreso de formalización (proporcionarase no centro)

- 4 fotos de carné

- Tarxeta sanitaria

- Cartilla de vacinacións

O prazo é do día 20 ao 28 de xuño. De non facelo, decaería o dereito á praza obtida.

REUNIÓN ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL

O día 27 de xuño, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de educación infantil (3 anos), que empezan por primeira vez.

Nesta reunión explicaremos o funcionamento do colexio nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar.

Agardámosvos!



page | by Dr. Radut