Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022: LISTAXE DEFINITIVA

 

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que xa está dispoñible no taboleiro principal, dentro do recinto escolar, a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido.

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR:

ADMITIDOS: Deberán formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño. (De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.)

Para iso deberán aportar a documentación seguinte:

- Tarxeta sanitaria.

- Libro de vacinas (cartilla saúde).

- 2 fotos tamaño carné.

Impreso (cuberto) de formalización de matrícula.

NON ADMITIDOS:

Deberán agardar á resolución da Comisión de Escolarización, que decidirá o que proceda e contactará cas familias afectadas. 



page | by Dr. Radut