Skip to Content

SAÍDA AO MERCADO

O pasado mércores saímos ao mercado municipal de Pontevedra coa guía e acompañamento das monitoras do GANAPÁN. Para algúns e algunhas foi a primeira viaxe en bus e para os de 3 anos foi a primeira saída. 

Pasárono xenial e aprenderon moitas cousas!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

Como todos os anos nestas datas, dende o cole pedimos a vosa colaboración para realizar unha recollida solidaria de alimentos dende o xoves 15 ata o martes 20 de decembro. 

Se precisan: legumes, arroz, pasta, potitos de bebés, leite e en xeral todo tipo de alimentos non perecedeiros.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Entre todos podemos facer unha gran labor con pequenos xestos.

25 N

O pasado 25 de novembro realizamos unha instalación artística co lema "NO COLE DE XEVE CAMIÑAMOS TOD@S XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" no que participou todo o cole. Grazas ás familias polas aportacións de zapatos que cada nen@ pintou de cor morada de forma simbólica. 

Agardamos que nun futuro non teñamos que celebrar estas conmemoracións... Por un mundo en IGUALDADE e SEN VIOLENCIA!

 

 

PROCURANDO COGUMELOS.

Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois. 

Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non.
Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!

Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.

 

UN SAMAÍN DE MEDO!

O venres 28 disfrutamos dunha xornada de terror moi especial: con contancontos, entrega de premios das cabazas e moita festa terrorífica! Esperamos que o pasaran de medo... Aquí vai a mostra!

CONTO TERRORÍFICO

Os nenos e nenas de todo cole fixemos unha historia terrorífica para festexar o día de Samaín. Cada un dos cursos elaborou unha parte da historia. Aquí vos deixamos o resultado final.

FESTA DE SAMAÍN 2022

FESTA DE SAMAÍN 2022

ANPA XEVE

Esqueletos, bruxas e cabazas, demos, vampiros e mortos,

e demáis seres arrepiantes;

CONXURAMOSVOS o vindeiro 4 de novembro,

ás 19:30 horas, no Pavillón da escola para que asistades a unha festa terrorííí ficaAA!!!!

TEATRO PRINCIPAL: "A CAZOLA DE LOLA"

Este luns 17 de Outubro o alumnado de 1º e 2º de primaria tivemos a sorte de disfrutar da obra "A cazola de Lola" no Teatro Principal de Pontevedra.

Foi unha fermosa experiencia, onde disfrutamos moito da música e aprendimos da historia de superación de Lola.

DÍA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Este curso para conmemorar o DÍA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE queremos tomar conciencia da elevada cantidade de azucre que levan moitos alimentos que nenos e nenas consumen. Propoñemos a elaboración dun postre sen azucre, para participar no reto:

1. Escribe a receita

2. Saca fotos do proceso e o resultado.

3. Trae ao colexio o traballo.

Cartel

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

UN COMEZO CHEO DE AVENTURAS

Comezamos un novo curso cheo de aventuras! Neste primeiro mes coñecímonos, xogamos, descubrimos e compartimos unha montón de momentos e propostas. Aquí vai unha pequena mostra do que realizamos durante este tempo! Esperamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut