PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
DO 1 AO 20 DE MARZO
Ábrese o prazo para presentar a solicitude de admisión para o curso 2024/25 dende o 1 ao 20 de marzo de 2024. Está dirixido a alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro ( nenos e nenas de 4º de Infantil ou aqueles que cambien de centro escolar).
As solicitudes cubriranse mediante o formulario normalizado (ED550B) adxunto, descargable na aplicación admisiónalumnado, ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.
Poden presentarse:
Na sede electrónica da Xunta de Galicia ( precisase Chave 365 ou certificado dixital)
Na secretaría do centro.
(Para calquera dúbida chamar ao teléfono 886151906)