Skip to Content

SAÍDA A COÑECER A NOSA CONTORNA.

O pasado xoves unhas mamás do noso cole viñeron a contarnos un conto que inventou unha delas e  logo saímos a coñecer a contorna co alumnado de 1º e  3º de primaria. Aprendemos sobre prantas e bichiños, merendamos á sombriña e exploramos as pontes do río Fontáns (afluente do río Lérez), tamén de muíños e o lavadoiro do paseo fluvial de Gatomorto (Santa María de Xeve). Foi unha saída moi bonita e queremos agradecerllo ás mamás Tareixa, Eva e Estela. 

Álbum: Curso 23-24 -> Saída pola contorna!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!

Dende a biblio Larapeto quere aconsellarvos e propoñervos algunhas grandes aventuras e historias que vos van gustar seguro. Este verán animádevos a seguir lendo e a xogando coma sempre.

Álbum: Curso 23-24 -> Recomendacións lectoras 2023-2024

BAILE CON ADRIÁN ESPERÓN DE PONTEBAILE. 3º E 4º E.P.

O mércores 29 de maio o alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria tiveron a visita de Adrián Esperón da escola de baile PonteBaile de Pontevedra.
Aprenderon varios pasos e a puntuar unha competición.

 

Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

O martes 28 de maio o alumnado de 5º de primaria achegouse ata a praia fluvial do Lérez para unha actividade de piragüismo en Dragóns e xogos na praia.
Compartimos está xornada cos colexios de Lérez, Campañó, Cabanas, Chancelas, Froebel e San José de Pontevedra.
A parte de Dragóns estivo a cargo do Club de Piragüismo Cidade de Pontevedra.
Tiveron un día estupendo.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

RAQUEL QUEIZÁS "VIAXE DOS CONTOS POLA IGUALDADE"

Raquel Queizás veunos facer unha contada moi divertida onde descubrimos historias de nenas e nenos que rompen os estereotipos dos contos tradicionais e identifican situacións onde a violencia física e verbal pode ter solución grazas á palabra. Seguiremos viaxando na liña da igualdade, respectándonos e empregando a palabra ante situacións discriminatorias ou violentas. Un forte aplauso novamente e moitas grazas por vir "Queliña"!

Álbum: Curso 23-24 -> Raquel Quizas, "Viaxe de contos pola igualdade"

SENSIBILIZACIÓN DA ASOCIACIÓN DE SÍNDROME DE DOWN "XUNTOS".

Pechamos o mes de maio coa sensibilización da "Asociación Down Pontevedra Xuntos" que viñeron ó noso cole a facernos entender a importancia da inclusión de todas as persoas. Tamén nos fixeron ver que coa eliminación de barreiras evitase a necesidade de adaptacións. Deste xeito queremos agradecer a Laura, Matías e Óscar, persoas da entidade, por virnos falar das súas experiencias de vida. Ós máis pequenos contáronnos contos e propuxéronnos xogos cos que entendemos que todos somos diferentes pero tamén todos somos iguais, que como decía a cebra "todos e todas collemos baixo o mesmo paraugas!". E así seguimos medrando, xogando e aprendendo cada día!

Álbum: Curso 23-24 -> Down Pontevedra Xuntos

PUBLICACIÓN LISTA PROVISIONAL DE CANDIDATOS XUNTA DIRECTIVA ANPA

No arquivo adxunto, de acordo cos estatutos da asociación, procedemos a comunicarvos a listaxe provisional de candidatos á Xunta Directiva da ANPA, a cal está dispoñible tamén na páxina web do colexio e no ABALAR

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase a todas/os nais/pais/titoras/es do alumnado do CEIP Santo André de Xeve á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar o vindeiro día 07 de xuño de 2024 as 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:45 horas en segunda convocatoria no local da ANPA situado a carón do comedor escolar do citado Centro.

A XANELA MÁXICA

O pasado xoves 24 de maio, grazas a editorial Consorcio, tivemos a sorte de disfrutar  "A xanela máxica". Un teatro interactivo onde  traballamos  sobre que é o acoso escolar, como detectalo e combatilo. 

Álbum: Curso 23-24 -> A xanela máxica
Distribuir contido


by Dr. Radut