Skip to Content

Blogues

UN COMEZO CHEO DE AVENTURAS

Comezamos un novo curso cheo de aventuras! Neste primeiro mes coñecímonos, xogamos, descubrimos e compartimos unha montón de momentos e propostas. Aquí vai unha pequena mostra do que realizamos durante este tempo! Esperamos que vos guste!

DEPOEMPRENDE 2021-2022

O alumnado de 6º de E. Primaria pon fin á súa experiencia empresarial participando no mercadillo organizado pola Deputación de Pontevedra "Depoemprende" en Vigo.

Fíxose tamén a entrega de parte dos beneficios da Cooperativa a dúas asociacións benéficas: Banco de Alimentos e Cruz Vermella. 

Foi unha actividade moi enriquecedora, na que nos achegamos un pouquiño ao mundo empresarial, traballando en equipo e desenvolvendo diferentes actividades.

 

VISITA Á GRANXA ESCOLA EL KIRIKO

Todo o alumnado do cole de Xeve tivemos a sorte de experimentar, de primeira man, a vida na granxa.

Fixemos diferentes obradoiros (facer pan, coidar animais, plantar...) nos que aprendimos moito e o pasamos xenial.

Plan Proxecta: Inspector urbanístico por un día

Grazas á Inspectora da APLU e os contos "Lonxe de todo", o alumnado de 6º de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria, desfrutaron da súa experiencia como Inspectores Urbanísticos por un día. Que ben o pasamos!

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

A continuación amosámosvos algúns dos traballos que fixemos durante a semana das Letras Galegas:

 

 

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar a  Semana do libro, os nenos e nenas realizaron moitas actividades organizadas polo equipo de Biblioteca Escolar. 

Panadeir@s por un día!

O alumnado de infantil visitou o forno da panadaría ACUÑA. Vimos todo o proceso da elaboración do pan, pasteles e empanadas. 

Además tivemos a sorte de amasar o noso propio pan!

 

 

Contacontos con Anxo Moure.

Anxo Moure visitou onte o noso colexio para falarnos da importancia de coidar os nosos bosques. Aprendimos moito sobre a nosa contorna e pasámolo moi ben.

Visita ao Fitoareeiro de Lourizán. 5º e 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Infantil fixeron unha saída para visitar o Fitoareeiro de Lourizán. 

Coñeceron a labor que alí se desempeña e puderon disfrutar do precioso xardín.

 

Contacontos sobre emociones con Raquel Queizás.

Os nenos e nenas de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria, tivemos a sorte de divertirnos escoitando os contos de Raquel Queizás sobre as emociones. 

Esta actividade, englóbase dentro do proxecto dos contratos-programa EMOCIONA-TE.

Distribuir contido


by Dr. Radut