ENTROIDO

Este ano o Entroido no colexio Santa María foi moi peregrino, así o celebramos polas rúas das Pontes; cantando unha murga e visitando o noso Concello.

Se queres ver máis fotos do percorrido preme aquí.

 

Día da Paz

Na última semana de xaneiro o colexio converteuse nun instrumento de paz para conmemorar o Día escolar pola paz. O lema elixido para este ano foi Que vivan todas as razas.

Durante toda a semana ambientamos o colexio con murais relacionados co tema, entre eles un gran mural sobre o acontecido en Haití, elaborado utilizando recortes de xornais , para que os alumnos coñezan o que pasou e como o mundo enteiro está a axudar.

Como actividade de clausura, o venres 29, cantamos todos xuntos no patio varias cancións relacionadas coa paz.

Educación primaria: Que vivan todas as razas!

Educación infantil: Poema da Paz

6.º primaria: Un mundo mellor

5.º primaria: Sempre alegres

Para ver algunhas fotos deste día, preme aquí.

 

 

 

NADAL 2009


No mes de decembro o colexio cambia de aspecto; nos corredores e aulas van aparecendo murais navideños, beléns, postais e, coma todos os anos, a nosa árbore de Nadal que está colocada na entrada principal. A súa decoración este ano foi con adobíos que semellaban arboriñas pequenas elaboradas con depresores e cartolina ondulada. As ventás do colexio enchéronse de carambos e estrelas brancas de neve.

O centro de interese que eliximos como fío condutor foron as tres linguas que se estudan na escola: inglés, galego e castelán, polo que o título do festival foi "Bo Nadal, Feliz Navidad, Merry Christmas". Os alumnos fixeron actuacións utilizando calquera delas para así contribuír a que os nenos se expresen con naturalidade nas linguas que se lles presentan no colexio.

Ao remate do festival contamos coa visita dos Reis Magos que se achegaron ata o Cine Alovi e repartiron agasallos doados pola ANPA do centro.

 

 

Para ver algúns dos nosos traballos, pulsa aquí.

Se queres ver fotografías do festival, preme aquí.

 

NADAL

Sorry, flash is not available.

FESTA DO MAGOSTO E DO PEÓN

O pasado venres, día 6 de novembro de 2009, celebramos o Magosto no colexio. Elaboramos murais, cantamos cantigas... e tamén comimos as castañas e tomamos as bebidas coas que nos agasallou a ANPA.

Como o día 6 de novembro chovía tanto, agardamos ao día de San Martiño para facer os xogos populares previstos no patio do colexio. O tempo axudounos, participamos todos os nenos e pasámolo estupendamente.

Para rematar as actividades do Magosto, houbo unha exhibición de peóns na que resultou haber verdadeiros artistas.

Preme aquí para ver todas as imaxes.

NA CASA DO MEL

Neste curso 2009-2010 fomos invitados de novo a visitar a Casa do Mel de Goente, onde nos explicaron todo o relacionado coa produción de mel, tanto dun xeito artesanal como coas técnicas máis avanzadas.

Déronnos a proba do mel, que estaba exquisito; tamén nos agasallaron cunha figura elaborada no obradoiro artesanal de cera, onde observamos que con este producto natural se poden facer múltiples cousas.

Se queres ver todas as fotos que fixemos nesta visita, pulsa aquí.

ENERXÍAS LIMPAS

Dentro da nosa formación para coidar e respectar o medio ambiente, fixemos unha actividade moi destacada: visita ao Parque experimental de Sotavento.

Non nos estraña que veñan de todas partes de Galicia e mesmo de España  ver os prototipos e as marabillas que alí hai para producir enerxía dun xeito limpo.

Se queres ver as fotos que dan unha pequena idea do Parque, preme aquí.

Distribuir contido