LETRAS GALEGAS

O autor homenaxeado este ano foi Xosé María Díaz Castro,  o poeta dos Vilares (Guitiriz).

Fixeronse diversas actividades sobre a poesía, lingua e cultura galegas, ademais dun festival no Alovi no que participamos todos os alumnos do centro.

Aquí vai unha pequena mostra do noso traballo.

 

ENTROIDO

O pasado 28 de febreiro disfrazámonos de xardineiros para celebrar o entroido. Fixemos coreografías relacionadas co carnaval e a primavera; degustamos productos típicos e rematamos  a festa coa queima do entroido.

Preme se queres ollar algunha imaxe da celebración.

 

DÍA DA PAZ

 

O centro de interese deste ano foi o recoñecemento dos dous símbolos máis populares da paz.

Interpretamos todos xuntos a canción Campás pola paz. Outra actividade que levamos a cabo foi un contacontos solidario, no que colaboraron antigos alumnos deste centro que agora se atopan cursando estudos no IES Castro da Uz.

Se queres ver algunha imaxe deste día preme aquí.

 

 

VIAXE Á NEVE

Este ano voltamos de novo á neve cos outros colexios das Pontes.

Aproveitamos a viaxe para ir visitar o Museo de Minaría "MUMI".

Podes ollar aquí o ben que o pasamos. 

CONCURSO "OS NOSOS PORTOS"

A Autoridade Portuaria de Ferrol convocou un corcurso de debuxo co lema Os nosos portos dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria. Nós participamos cuns preciosos debuxos, resultando gañador do segundo premio o do neno Xavier Gabeiras Formoso. Podedes ver algunhas das nosas obras se premedes aquí.

 

CONTO VIAXEIRO

O Concello das Pontes, a través do seu departamento de Normalización Lingüística, propúxonos aos centros de primaria da localidade unha actividade colaborativa que consistiu en elaborar un conto entre alumnos de diversos centros.

Ás nenas e nenos de 3º e 4º do colexio Santa María tocounos inaugurar as sesións de traballo, buscar o protagonista e poñerlle o nome.

Se queredes descubrir as aventuras que argallamos entre todos, premede aquí e poderedes visualizar o conto e o videoconto.

NADAL

 

  Chegou o Nadal e para celebralo fixemos distintas actividades: murais, postais con diversas técnicas, decoración invernal das ventás, adornos para a árbore da entrada principal...

     Baixo o lema Un Nadal solidario, o noso festival contou con actuacións moi variadas.

     Podes ollar aquí algunhas imaxes.

MAGOSTO

 

 

     O pasado 15 de novembro celebramos a tradicional festa do Magosto.

   Os nenos asistiron a unha charla e demostración do asado das castañas. Previamente, eles elaboraran unha cestiña con elementos de reciclado para recollelas. Despois desfrutaron cos xogos típicos e tradicionais destas datas.

    Se queres ver algunhas imaxes, preme aquí.

FUNGOS E COGOMELOS

 

     O día 1 de novembro celebrouse na nosa vila a XXIV edición da Feira de Fungos e Cogomelos.

   Os alumnos de Santa María participamos cos nosos traballos, resultando premiados en todos os cursos e, por esa razón, estamos moi contentos.

     Aquí podedes ver algúns dos traballos que presentamos ao concurso.

 

VIAXE A LUGO DO 3º CICLO

 

     No mes de outubro os alumnos do 3º ciclo adentrámonos na historia visitando a cidade de Lucus Augusti.

     Comezamos documentándonos no Centro de Interpretación da Muralla, seguindo cunha visita didáctica á Casa dos Mosaicos e un percorrido pola muralla romana que circunda a cidade.

     Despois dunha breve visita á catedral, onde observamos os seus diferentes estilos arquitectónicos, dirixímonos ao castro de Viladonga e ao seu Centro de Conservación e Restauración, onde recibimos unha información moi completa e motivadora.


     Se queredes compartir algúns deses momentos con nós, premede aquí.

 

 

 

Distribuir contido