Secretaría

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19

O Plan de Adaptación á situación COVID 19 foi concebido como un documento flexible e aberto a modificacións. O 16 de outubro de 2020 foi actualizado para mellorar as condicións de acceso do alumnado. Pódese consultar premendo nos seguientes enlaces:

Plan de Adaptación á situación COVID 19

Plan de Acollida COVID 19 

Nesta táboa pódense consultar as franxas horarias establecidas para a entrada de cada curso e as portas empregadas.

 

PLANS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021

Xa se poden consultar os documentos pulsando nestes enlaces.

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021

PLAN DE ACOLLIDA COVID 19

 

Neles pódense atopar moitas respostas sobre a adaptación ás circunstancias deste curso tan excepcional. Serán debidamente actualizados se a situación así o require.

 

COMEZO DO CURSO 2020/2021

Ante a proximidade do comezo do curso escolar, informamos da convocatoria dunha reunión informativa coas familias para explicar a adaptación ao noso centro do Protocolo COVID e os distintos plans elaborados ao longo do verán.

En caso de non poder asistir, estes documentos estarán dispoñibles  nesta web en datas próximas.

O horario das reunións será o seguinte:

 

 

As reunións terán lugar no ximnasio do centro tomando as medidas de hixiene e distanciamento social recomendadas. Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

Os días 10 e 11 de setembro comezarán as clases e farase unha entrada escalonada. O día 10 empezarán os alumnos de 4.º e 5.º de Educación Infantil e 1.º, 2.º e 3.º de Primaria. O día 11 farano, 6.º de Infantil, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria.

LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS

Desde o día 8 de xullo están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes definitivas de Fondolibros cos libros que lle corresponden a cada alumno. Tamén se poden consultar na aplicación Fondolibros.

A entrega de vales de libros e material realizarase ata o día 10 de xullo na secretaría do centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS

As listaxes provisionais pódense consultar xa no taboleiro do colexio ou accedendo á aplicación Fondolibros. Nela aparece o número de libros que recibirá cada alumno.

As listaxes definitivas publicaranse o día 9 de xullo.

A entrega de vales para a adquisición de libros de texto (1.º e 2.º de Primaria) e/ou material escolar (de 1.º a 6.º de Primaria) será entre o luns 6 e o venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00  na secretaría do colexio.

CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO

O Concello das Pontes de García Rodríguez vén de convocar as AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS para o vindeiro curso. Pódese ver a información e descargar o impreso premendo aquí.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/2021

 

 

O prazo para a formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula. Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento.

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

LISTA DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Para ver a lista de libros e material para o curso 2020/2021, preme na imaxe.

 

BOLETÍN DE NOTAS

 

O boletín de notas farase chegar o venres 19 de xuño a partir das 14:00 horas a través da aplicación AbalarMóbil.

DESPEDIDA DOS ALUMNOS QUE REMATAN EI E EP

Estimadas familias, este curso tan atípico e diferente chega esta semana ao seu fin. Para os alumnos de 6.º de Educación Infantil e 6.º de Educación Primaria é especial, porque os pequenos cambian de etapa e os maiores deixan o noso centro para comezar a Educación Secundaria.

Non podemos permitir que marchen sen que leven o recordo do seu paso. Por iso o día 19, último día de curso, farémoslles entrega do diploma de finalización de etapa, da orla e do vídeo da súa graduación. Sentimos que teñan que irse sen o festival de despedida que nos gustaría facer a todos, pero nesta excepcional situación non é posible.

As titoras destes dous cursos mandarán pola aplicación Abalar a hora de recollida.

Moita sorte nesta nova andadura!

 

 

Distribuir contido