Escolares

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES

Acceso ás actividades e traballo proposto para cada nivel educativo.

  • O  alumnado accederá á aula virtual do centro desde a opción "ENTRAR COMO CONVIDADO".
  • Os materiais e actividades irán estando dispoñibles de forma paulatina nos cursos da aula virtual correspondentes ao nivel do que se trate. Revisádeo de forma periódica para verificar se existen cambios ou novas propostas.
  • Estas actividades non terán carácter avaliable.

PROGRAMA REFÓRZA-T

O pasado luns 20 de xaneiro comezamos a actividade REFÓRZA-T, un contrato-programa da Consellería de Educación para a mellora do ensino.

Consiste en clases de reforzo para o alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria impartidas pola profesora Iria Pacio, nomeada pola Administración. Prestará apoio directo nas aulas de 5.º e 6.º en horario de mañá e a grupos de alumnos dos catro niveis pola tarde.

Establecerase un contacto permanente cos titores dos nenos participantes para conseguir unha mellora nos resultados académicos e nas dinámicas de traballo. Como coordinadora deste proxecto contamos con Marta Vilasuso, a nosa orientadora.

 

 

PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITA

OBRADOIRO PRODUCTOS LÁCTEOS

 Como xa sabedes, o centro participa no Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite. Dentro deste programa, impartírase un obradoiro sobre Produtos Lácteos o vindeiro venres 24 de maio.

Alumnos, familias e profesorado deberán cubrir uns cuestionarios antes e despois da actividade. No caso das familias cubríranse online no seguintes enlaces:

àCuestionario anterior á actividade:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe1llJ2ThuLkfPaUxN7qDda-M7mbHkOUrGCZlqLxkWnxPclGQ/viewform

 

àCuestionario posterior á actividade:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeRIcx5TWuixssqUYiXgqC9gHHxZ0wuNyTJpX0AAkH0QiGrKw/viewform

 

Grazas pola súa colaboración.

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe no noso centro celebramos o Día das Letras Galegas. Esperámosvos no cine Alovi a partir das dez e media.

No seguinte enlace veredes o programa! 

A PRIMAVERA DAS LETRAS DE ANTÓN FRAGUAS

Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Antón Fraguas e como todos os anos a Primavera das Letras xa está en marcha. A Real Academia Galega abriu o pasado 28 de febreiro a nova edición do proxecto web que oferta materiais lúdicos e didácticos dispoñible nestas ligazóns:

 

 

https://academia.gal/primaveradasletras

https://academia.gal/letras-actual

http://www.seminariogalan.org/

http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_367.html

 

 

 

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE 2017/2018

     
XXVII FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS       TALLER DE COCIÑA DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

         
ENTREGA PREMIOS "ELECCIÓN DE MASCOTAS LILIOLIMPIADAS"           XOGOS TRADICIONAIS NO PATIO

FROITA NA ESCOLA

O noso centro participa no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA. A semana do 16 ao 20 de xaneiro durante o recreo o noso alumnado tomará froita como parva.

 

CONCURSO "OS NOSOS PORTOS"

A Autoridade Portuaria de Ferrol convocou un corcurso de debuxo co lema Os nosos portos dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria. Nós participamos cuns preciosos debuxos, resultando gañador do segundo premio o do neno Xavier Gabeiras Formoso. Podedes ver algunhas das nosas obras se premedes aquí.

 

Distribuir contido