Secretaría
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por Anónimo o Mér, 02/24/2021 - 11:48Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de praza para o vindeiro curso. O trámite pódese realizar presencial ou tamén a través da aplicación admisionalumnado
Podedes transmitirnos as vosas dúbidas a través do teléfono 881930071 ou a través do correo electrónico ceip.santamaria.aspontes@edu.xunta.gal
HORARIO RECOLLIDA MÁSCARAS
Enviado por Anónimo o Mar, 12/08/2020 - 17:30Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listas definitivas do alumnado beneficiario de máscaras.
HORARIO DE RECOLLIDA
DÍAS 9, 10 E 11 DE DECEMBRO
CURSO DÍA HORA
1.º EP e 2.º EP 9/12/2020 09:10 A 10:00
3.º EP e 4.º EP 10/12/2020 09:10 A 10:00
5.º EP e 6.º EP 11/12/2020 09:10 A 10:00
CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE MÁSCARAS
Enviado por Anónimo o Lun, 11/16/2020 - 13:08No DOG do venres 13 de novembro (http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/32481) a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas.
Resumimos a continuación a convocatoria:
O alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automáticamente.
Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
Modelo de solicitude para descargar (acompañar fotocopia do libro de familia). https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13422747
Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio.
O luns 30 de novembro comunicarase ás familias a súa admisión na solicitude de máscaras a través de AbalarMóbil. Comezaremos o reparto de máscaras no mes de decembro. Informaremos do procedemento.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19
Enviado por Anónimo o Ven, 10/16/2020 - 21:38O Plan de Adaptación á situación COVID 19 foi concebido como un documento flexible e aberto a modificacións. O 16 de outubro de 2020 foi actualizado para mellorar as condicións de acceso do alumnado. Pódese consultar premendo nos seguientes enlaces:
Plan de Adaptación á situación COVID 19
Nesta táboa pódense consultar as franxas horarias establecidas para a entrada de cada curso e as portas empregadas.
PLANS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021
Enviado por Anónimo o Mér, 09/09/2020 - 16:46Xa se poden consultar os documentos pulsando nestes enlaces.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021
Neles pódense atopar moitas respostas sobre a adaptación ás circunstancias deste curso tan excepcional. Serán debidamente actualizados se a situación así o require.
COMEZO DO CURSO 2020/2021
Enviado por Anónimo o Ven, 09/04/2020 - 22:11Ante a proximidade do comezo do curso escolar, informamos da convocatoria dunha reunión informativa coas familias para explicar a adaptación ao noso centro do Protocolo COVID e os distintos plans elaborados ao longo do verán.
En caso de non poder asistir, estes documentos estarán dispoñibles nesta web en datas próximas.
O horario das reunións será o seguinte:
As reunións terán lugar no ximnasio do centro tomando as medidas de hixiene e distanciamento social recomendadas. Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.
Os días 10 e 11 de setembro comezarán as clases e farase unha entrada escalonada. O día 10 empezarán os alumnos de 4.º e 5.º de Educación Infantil e 1.º, 2.º e 3.º de Primaria. O día 11 farano, 6.º de Infantil, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria.
LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS
Enviado por Anónimo o Mér, 07/08/2020 - 09:36Desde o día 8 de xullo están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes definitivas de Fondolibros cos libros que lle corresponden a cada alumno. Tamén se poden consultar na aplicación Fondolibros.
A entrega de vales de libros e material realizarase ata o día 10 de xullo na secretaría do centro.
LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS
Enviado por Anónimo o Xov, 07/02/2020 - 22:30
As listaxes provisionais pódense consultar xa no taboleiro do colexio ou accedendo á aplicación Fondolibros. Nela aparece o número de libros que recibirá cada alumno.
As listaxes definitivas publicaranse o día 9 de xullo.
A entrega de vales para a adquisición de libros de texto (1.º e 2.º de Primaria) e/ou material escolar (de 1.º a 6.º de Primaria) será entre o luns 6 e o venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 na secretaría do colexio.
CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO
Enviado por Anónimo o Xov, 07/02/2020 - 10:23O Concello das Pontes de García Rodríguez vén de convocar as AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS para o vindeiro curso. Pódese ver a información e descargar o impreso premendo aquí.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/2021
Enviado por Anónimo o Mar, 06/30/2020 - 09:12
O prazo para a formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020. A documentación a presentar será a seguinte:
- Impreso de matrícula. Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.
- Certificado de empadroamento.
- 4 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »