CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE MÁSCARAS

No DOG do venres 13 de novembro (http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/32481) a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas.

Resumimos a continuación a convocatoria:

O alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automáticamente.

Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.


Modelo de solicitude para descargar (acompañar fotocopia do libro de familia). https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13422747


Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio.


O luns 30 de novembro comunicarase ás familias a súa admisión na solicitude de máscaras a través de AbalarMóbilComezaremos o reparto de máscaras no mes de decembro. Informaremos do procedemento.