Complementarias e extraescolares
TODO ESTÁ SAÍNDO BEN!
Enviado por Anónimo o Mér, 05/06/2020 - 23:29
Pouco a pouco vai pasando a corentena. Xa queda menos!
SAÍDAS 1º TRIMESTRE
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/10/2018 - 21:16COLPBOL
Enviado por Anónimo o Ven, 11/20/2015 - 09:06Estes días tivemos unhas xornadas de Colpbol entre os colexios das Pontes.
Trátase dun deporte moi participativo e enriquecedor onde os nenos/as non poden golpear a pelota mais dunha vez ata que o faga outro xogador/a do mesmo ou de diferente equipo. Isto non pasa noutros deportes convencionais que si poden resultar con accións mais individuais coma fútbol, baloncesto, balonmán....
Podes ver neste enlace algunhas imaxes destes encontros premendo aquí.
CAMPO A TRAVÉS
Enviado por Anónimo o Xov, 11/19/2015 - 17:49O pasado 11 de novembro tivo lugar na Fraga a proba de "Campo a través", na que participamos todos os centros de primaria dentro do Programa Xogade. Colaborou ademais o Concello e a asociación de Anpas Abrente.
Foi unha gran xornada pois o tempo acompañounos e os nenos/as desfrutaron moito.
O noso colexio obtivo tanto a nivel individual como grupal grandes resultados en todas as categorías, gañando dúas das seis probas nas que participamos.
Se queres ver imaxes deste encontro preme aquí.
VIAXE Á CORUÑA
Enviado por Anónimo o Xov, 06/27/2013 - 11:06A viaxe fin de curso levounos este ano ata a cidade da Coruña onde realizamos tres interesantes visitas.
Primeiro tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do xornal La Voz de Galicia e parte das instalacións de V Televisión. Entendemos algo máis sobre o funcionamento dunha rotativa e sentímonos presentadores e técnicos de televisión por un día.
Despois visitamos o MUNCYT onde todo nos pareceu moi interesante porque coñecemos diferentes descubrimentos científicos e tecnolóxicos producidos ao longo da historia. Divertímonos moito como pasaxeiros na cabina dun avión e coa charla animada que mantiñan dous simpáticos robots.
Finalmente subimos ao parque de San Pedro onde pasamos un rato moi agradable.
Para ver algunhas instantáneas destes días, pulsa aquí.
Carreira de Campo a través
Enviado por Anónimo o Lun, 11/12/2012 - 11:59O 26 de outubro tivo lugar na Fraga a proba de "Campo a través", na que participamos todos os centros de Primaria do Concello e algún da ESO, dentro do Programa Xogade. Colaborou ademais o Concello e a asociación de Anpas Abrente.
O noso colexio obtivo tanto a nivel individual como grupal grandes resultados en todas as categorías, gañando tres das seis probas nas que participamos.
Se queres ver imaxes deste encontro preme aquí.
