Equipo

LETRAS GALEGAS 2020

Dende o CEIP Plurilingüe Santa María queremos agradecer á comunidade educativa as súas achegas para poder elaborar este vídeo dedicado a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas.

 

LILI PRESENTA ACTIVIDADES DENDE O BLOG PARA ESTES DÍAS DE #QUEDANACASA.

00/00/
Array

 

                                                                                                                 

Aínda que estamos en momentos especiais e de quedar na casiña a nosa biblioteca segue funcionando para que poidades gozar de múltiples actividades dende os vosos fogares. Se premes no seguinte enlace poderás acceder ao noso blog de Bibliolili onde Lili propoñeravos moitas sorpresas durante estes días! Anímate a participar! Guiño

http://bibliolili.blogspot.com/

 

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos agradecer, un ano máis, tanto ao alumnado como ás familias a vosa colaboración ao longo do curso nas diversas actividades que dende este equipo se levan a cabo.

Parécenos fundamental recordar un ano máis o obxectivo principal deste equipo que, non é outro que o de fomentar entre o alumnado o coñecemento e uso das dúas linguas cooficiais de Galicia, tendo en conta a realidade social e o contexto de globalización no que vivimos, que nos sitúa nun espazo internacional de plurilingüísmo.

Por último, presentarvos ás membras que o conforman neste curso 18/19, as cales estamos a vosa enteira dispoñibilidade:

- Dona Monstserrat Alén Álvarez.

- Dona Alba Paz Cabanas.

- Dona Ana María García Fernández.

- Dona Miriam Viveiro Casabella.

- Dona María Teba López-Leitón Zapico.

- Dona Clara Doce Blanco.

- Coordinadora: Dona Olalla Carballido Román.

Distribuir contido