COMEZO DO CURSO 2020/2021

Ante a proximidade do comezo do curso escolar, informamos da convocatoria dunha reunión informativa coas familias para explicar a adaptación ao noso centro do Protocolo COVID e os distintos plans elaborados ao longo do verán.

En caso de non poder asistir, estes documentos estarán dispoñibles  nesta web en datas próximas.

O horario das reunións será o seguinte:

 

 

As reunións terán lugar no ximnasio do centro tomando as medidas de hixiene e distanciamento social recomendadas. Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

Os días 10 e 11 de setembro comezarán as clases e farase unha entrada escalonada. O día 10 empezarán os alumnos de 4.º e 5.º de Educación Infantil e 1.º, 2.º e 3.º de Primaria. O día 11 farano, 6.º de Infantil, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria.