ENTROIDO

Este ano celebramos a festa do Entroido o venres 5 de febreiro. Neste curso o centro está inmerso no desenrolo dun proxecto anual proposto pola Biblioteca titulado “De aventura polos castelos” e por iso o disfrace escollido foi de cabaleiro medieval.

Adobiouse o centro con murais e debuxos relacionados coa festa do Entroido.

Fixemos carautas e antefaces relacionados co tema que pintaron e adornaron con distintos materiais.

Actividades variadas para colorear, unir… relacionadas coa temática do Entroido e dos cabaleiros.

Cada curso deseñou o seu propio estandarte, que se presentou na festa.

Os alumnos/as de 6º, como é tradición, fixeron o meco para queimar ao rematar.

Se queres ver algunha imaxe máis deste día preme aquí.

 

 

 

Día da Paz

A actividade principal desta conmemoración tivo lugar no noso colexio o pasado 29 de xaneiro, aínda que ao longo da semana preparamos actividades para ir dando ao colexio ambiente con murais, símbolos da paz, pombas, mensaxes, cancións, poemas, etc.

            Este ano, as distintas actividades programadas xiraron en torno ao Arco Da Vella coma un dos símbolos da paz. O lema elixido para este ano foi “Pintemos un mundo de cores”. Queremos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como a solidariedade, a igualdade e a tolerancia.

Se queres ollar algunha imaxe deste día preme aquí.

 

 

UN NADAL REAL

Celebramos o Nadal con actividades propias destas datas, cun centro de interese que este curso está ligado ao proxecto da biblioteca e que leva por título "Un Nadal Real".

Cada curso preparou unha actividade para o festival; e así mesmo contamos coa participación do alumnado de Aspanaes.

Se queres ver imaxes do mesmo preme aquí.

 

COLPBOL

Estes días tivemos unhas xornadas de Colpbol entre os colexios das Pontes.

Trátase dun deporte moi participativo e enriquecedor onde os nenos/as non poden golpear a pelota mais dunha vez ata que o faga outro xogador/a do mesmo ou de diferente equipo. Isto non pasa noutros deportes convencionais que si poden resultar con accións mais individuais coma fútbol, baloncesto, balonmán....

Podes ver neste enlace algunhas imaxes destes encontros premendo aquí.

CAMPO A TRAVÉS

O pasado 11 de novembro tivo lugar na Fraga a proba de "Campo a través", na que participamos todos os centros de primaria dentro do Programa Xogade. Colaborou ademais o Concello e a asociación de Anpas Abrente.

Foi unha gran xornada pois o tempo acompañounos e os nenos/as desfrutaron moito.

O noso colexio obtivo tanto a nivel individual como grupal grandes resultados en todas as categorías, gañando dúas das seis probas nas que participamos.

Se queres ver imaxes deste encontro preme aquí.


SAMAGOSTEEN

 Chegou o outono e a nosa escola quere ser transmisora dos costumes, da cultura e das tradicións da nosa terra. Por iso, nestes días, estivemos traballando sobre froitos e festas desta época.

O pasado venres 6 celebramos o  magosto no colexio para, de forma lúdica e participatipa, ir acadando unha relación e valoración da nosa cultura.

Se queres ollar algunhas imaxes desta día preme aquí.

Viaxe a Ferrol

Na nosa viaxe de fin de curso, os nenos de 1º e 2º de educación primaria desprazámonos a Ferrol, onde visitamos Aquaciencia e o Museo de Historia Natural.  Como nos gusta moito todo o relacionado coa ciencia, estivemos moi atentos porque nos pareceu moi interesante o que nos explicaron.

 

 

 

 

Se queres ver máis imaxes deste día, preme aquí.

 

LETRAS GALEGAS

O autor homenaxeado este ano foi Xosé Filgueira Valverde. No colexio fixéronse actividades variadas sobre a súa vida e obra.

Levouse a cabo, entre outros, un traballo onde os nenos/as tiñan que escribir e debuxar a palabra galega que eles percibiran como a máis fermosa da nosa lingua.

Rematamos a semana co tradicional Festival das Letras que fixemos no cine Alovi.

Se queredes botar unha ollada ao noso traballo e imaxes do festival, preme aquí.

 

 

VIAXE A MANZANEDA

Outro ano máis voltamos a Manzaneda. Esta vez cos compañeiros do CEIP A Magdalena.

As actividades foron variadas: béisbol, escalada no rocódromo, cabalos, karts, piscina e outros moitos xogos ben divertidos.

Foron tres apaixoantes días. Se queres ver imaxes preme aquí.

 

 

 

 

 

 

NOVO ALUMNADO CURSO 2015-16

Todos os alumos/as que solicitaron praza neste centro para o vindeiro curso foron admitidos. Lista

Distribuir contido