FESTA DO MAGOSTO E DO PEÓN

O pasado venres, día 6 de novembro de 2009, celebramos o Magosto no colexio. Elaboramos murais, cantamos cantigas... e tamén comimos as castañas e tomamos as bebidas coas que nos agasallou a ANPA.

Como o día 6 de novembro chovía tanto, agardamos ao día de San Martiño para facer os xogos populares previstos no patio do colexio. O tempo axudounos, participamos todos os nenos e pasámolo estupendamente.

Para rematar as actividades do Magosto, houbo unha exhibición de peóns na que resultou haber verdadeiros artistas.

Preme aquí para ver todas as imaxes.