Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos
Enviado por Anónimo o Mar, 05/14/2024 - 06:54Hoxe, 15 de mayo, a resolución definitiva de admitidos e non admitidos xa está publicada no taboleiro do
centro, tamén poderá ser consultada con chave 365 na aplicación admisión alumnado.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
O alumnado admitido deberá formalizar a súa matricula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. De non
formalizar a matricula, perderase o dereito á praza obtida.
Listaxe provisional de admitidos e excluídos
Enviado por Anónimo o Mér, 04/24/2024 - 07:10Hoxe, 25 de abril, a resolución provisional de admitidos e non admitidos xa está publicada no taboleiro do centro,
tamén poderá ser consultada con chave 365 na aplicación admisión alumnado. O prazo de reclamacións a
estas listaxes será de cinco días hábiles a partir da súa publicación ante o Consello Escolar do Centro.
A resolución definitiva será publicada o 15 de maio. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de
alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun
mes.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
O alumnado admitido deberá formalizar a súa matricula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. De non
formalizar a matricula, perderase o dereito á praza obtida.
Admisión alumnado curso 24-25
Enviado por Anónimo o Mér, 02/28/2024 - 13:05O prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2024-2025 irá desde o 1 ao 20 de marzo de 2024.
As solicitudes serán presentadas:
- Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación "admisiónalumnado" e logo presentada na Sede electrónica (para esta opción é preciso ter activa a chave 365 ou certificado dixital).
- Presencialmente, no centro educativo preferiblemente en horario de secretaría: mércores e venres de 12:00 a 14:00 ou luns martes e xoves de 12:00 a 13:00. (Pode vir o impreso cuberto a ordenador ou a man)
No centro podemos entregar o impreso e toda a información que necesitedes sobre o proceso. En caso de dúbida contactade co centro nos teléfonos: 881930070 e 881930071.
Pódese consultar as prazas vacantes do centro pinchando aquí.
As solicitudes deberán vir acompañadas:
- Do DNI de cada proxenitor/a.
- Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do alumnado (para 4º de Educación Infantil).
A solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores, agás nos casos de divorcio no que a patria potestade a posúa solo un deles. Nestes casos serán necesario presentar a correspondente resolución xudicial para o seu cotexo polo centro. Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.
Para cubrir a solicitude pódese acceder a aplicación, pinchando en "admisiónalumnado" e no menú lateral pinchando en: solicitudes > admisión> crear. Despois cúbrense os datos e ese documento xerado pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica (para este última opción é preciso ter activa chave 365).
Tamén se pode acceder aos formularos pinchando nas seguintes opcións:
Toda a información relativa ao procedemento pode consultarse pinchando aquí.
Xornada de portas abertas
Enviado por Anónimo o Mér, 02/21/2024 - 08:24Apertura da Praza de América
Enviado por Anónimo o Xov, 02/15/2024 - 10:49Recordamos que, co remate das obras da Praza de América, cando o alumnado chegue tarde ou se deba recoller no medio da xornada, debe facerse pola porta da Praza de América. Esta tamén será a entrada para calquera cuestión que se precise realizar no centro.
As entradas (9:00 horas) e saídas (14:00 horas) do centro seguen sendo pola porta do patio.
Grazas