XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVIDÁMOSVOS A VER O NOSO CENTRO

Mandadiño do Meco para martes

Aquí tedes o mandadiño para mañá.

 

O  noso esqueleto xa ten o seu antifaz, pero podedes traer algo pintado, unhas gafas molonas...no Entroido todo vale!!!!

 
Non olvidedes os zapatos de cada cor!!!

Entroido 2023 Mandadiño Luns

Chegou o entroido e con el os mandadiños do meco. 

Comezamos polo luns

Entroido 2023 Mandadiño Luns

Reserva de praza para o IES

Bo día, familias:

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2023/2024 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

Pinchando en admisiónalumnado 

No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Tamén pode cumplimentar a solicitude de xeito manual empregando o formulario que sigue, entregándose este no centro. 

Para descargar o documento preme no ANEXO I

Un saúdo

Festival de Nadal

 

Estimadas familias

 

Este curso retomamos a noso FESTIVAL DE NADAL e gustaríanos convidarvos.

 

 

Esperámosvos a todos e todas o xoves 22 de decembro a partir das 10:00 no Cine Alovi.

 

 

 

ENTRADAS AO CENTRO

Informámosvos que debido as obras na praza América que está en fronte do colexio e por motivos de seguridade a porta principal quedará inhabilitada co cal a única porta de entrada será a da cancela grande do patio.

Durante o horario lectivo esta cancela grande permanecerá pechada polo que teredes que chamar por teléfono ao centro para que vola abran.

Os télefonos do centro son os seguintes:

- 881930071 (Secretaría)

- 881930070 (Dirección)

Este será o procedemento mentres non se poña un timbre ou porteiro na cancela grande.

Sentimos calquera inconveniente causado.

Eleccións do Consello Escolar

Estimadas familias:

A Consellería de Educación publicou a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares convocada pola Resolución do 19 de Setembro de 2022.

A normativa vixente que regula o proceso de renovación parcial do Consello Escolar é a seguinte:

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (Artigos 36º - 45º).
  • Orde do 21 de Outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
  • Circular nº 1/98, do 2 setembro, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos
  • Circular nº 18/00 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se completa a circular nº 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos.
  • Resolución do 20 de Setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.

 

MEMBROS A RENOVAR

Este ano toca renovar aos seguintes membros dos distintos sectores:

  • 3 membros do sector do profesorado
  • 2 membros do sector de nais e pais

 

CENSOS

No taboleiro do colexio están publicados os censos dos distintos sectores para as votacións nas eleccións do Consello Escolar. O período para realizar reclamacións ao censo será desde o 10 ata o 17 de novembro

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

O prazo para a presentación de candidaturas dos sectores será desde o 11 ata o 18 de novembro, ambos incluídos. Os interesados en presentar candidatura terán que achegarse ao centro para cumprimentar a documentación para a presentación da candidatura.

 

DÍA DA VOTACIÓN

O luns 28 de novembro realizaranse as votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar. O horario para as votacións no sector das familias será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

Vales de material de 25€

Estimadas familias:

 

Informámosvos de que saiu unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ regulada pola Orde do 29 de abril do 2022.

 

Esta axuda é só para aquelas familias que recibiron o vale de material anterior.  

 

As datas e horas ás que vos podedes pasar a recoller o vale de material son as seguintes:

 

- Mércores 19/10/22 de 12:00 a 14:00

- Xoves 20/10/22 de 9:00 a 10:30

-------------------------------------------------------

- Luns 24/10/22 de 9:00 a 10:30 e de 12:00 a 14:00

- Martes 25/10/22 de 9:00 a 10:30

- Mércores 26/10/22 de 12:00 a 14:00

- Venres 28/10/22 de 12:00 a 14:00 

 

Se non podedes acudir a recoller o vale nese horario, chamade ao centro para concretar cita. Os teléfonos son 881930071 ou 881930070.

 

Un cordial saúdo

VOLTA AO COLE

Pasado o verán, informamos que o vindeiro xoves día 8 de setembro volverá a actividade lectiva. Comezando o curso 22/23.

Debemos ter en conta que, agora volvemos ao horario e organización de entradas e saídas anteriores á pandemia. Polo que o horario do centro será de 9:00 a 14:00 horas, entrando e saíndo todo o alumnado pola porta principal, (cancela do patio). 

Recollida de vales da aplicación fondo libros

Recordamos ás familias que non pasaron en xullo a recoller os vales de material e fondo libros, poden facelo os días 5 e 6 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Distribuir contido