VISITA AO CONCELLO

00/00/
Array

Durante o primeiro trimestre unha das saídas que se realizaron foi a Visita ao Concello polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria; coincidindo cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIPP A Fraga. Aprendemos un montón!

                   

                                                                                                        

 

Samagosteen

O pasado 30 de outubro celebramos a festa de Samagosteen no nosos centro. Esta festa como todos os anos une as tradiciónais Halloween, Magosto e Samaín nunha soa celebración. Este ano gozamos dunha merenda agasallo da ANPA que estaba moi boa. Ademais de participar en diferentes xogos populares e adornar as cabazas, o noso alumnado gozou na biblioteca dun "Teatro de Sombras" que nos encantou! Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!

 

 

 

 

                                                     

INICIO DO CURSO 2019/2020

O mércores día 11 de setembro dará comezo un novo curso escolar. O horario será de 9.00 a 14.00.

 

 

 

 

 

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS)

 

O venres 6 de setembro  ás 11. 00 horas terá lugar, na Biblioteca do centro,  a reunión de inicio de curso coas familias do alumnado de 4º EI (3 anos). O titor informará dos aspectos e cuestións máis relevantes neste comezo de curso e resolverá calquera dúbida que teñades.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020

No seguinte enlace pódese consultar a listaxe definitiva de admitidos e admitidas no fondo solidario de libros de texto 2019/2020.

CHORIMA 2019

Aquí tedes un novo exemplar da nosa revista CHORIMA.

 

 

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe de libros e material para o curso 2019/2020.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/2020

O prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2019. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

LILIARTE - OS NOSOS PINTORES

Estes son os pintores traballados polo noso alumnado durante o segundo trimestre. Preme na imaxe para acceder ao blog da Biblioteca onde atoparás máis información. 

 

LILIARTE

 

 

 

LILIARTE é o PDI que estamos desenrolando este ano no noso centro. O obxectivo fundamental deste proxecto é que os nosos alumnos e alumnas se acheguen a ARTE dun xeito lúdico e motivador. Lili a nosa mascota propuxo distintas actividades ao longo do curso:

  • "Breves pinceladas da historia da pintura": No primeiro trimestre, o Equipo da Biblioteca elaborou, a modo de resumo, un libro de fichas cos principais movementos pictóricos.
  • "O noso pintor": Durante o segundo e parte do terceiro trimestre, cada clase escolleu a un pintor e traballou a súa obra. Os resultados pódense ver no gran Museo LILIARTE, creado nos corredores do noso centro.
  • "Coñecendo a pintores galegos": Aproveitando a celebración das Letras Galegas, o noso alumnado reproduciu as obras de grandes pintores da nosa terra. 
Distribuir contido