Impresora 3D

Esta semana algúns mestres e mestras do centro tiveron unha formación sobre o uso da nosa impresora 3D. Hoxe coa axuda da alumna de 6º, Alba, estamos creando o noso primeiro deseño. 

 



Admisión alumnado

ERASMUS + ESCOLAS DE PISTOIA (ITALIA)

No mes de marzo unha mestra do noso centro viaxou a Italia dentro do Proxecto Erasmus+ para coñecer o funcionamento e a metodoloxía de traballo das escolas de Pistoia (Italia), recoñecidas a nivel internacional pola calidade da súa intervención educativa na infancia.

2 de abril: Día Mundial do Autismo

O 2 de abril é o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. Durante a seguinte semana, do 27 ó 31 de marzo no centro traballaremos sobre os PICTOGRAMAS para que o alumnado coñeza o seu significado.

Se queredes coñecer un pouco máis sobre os pictogramas podedes ver o archivo adxunto abaixo.

PROCESO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Estimadas familias:

Engadimos aquí abaixo toda a información relativa a admisión do alumnado. O prazo de presentación das solicitudes é do 1 ao 20 de marzoÉ importante ler ben todos os documentos.

Se tedes dúbidas chamade aos seguintes números ou achegádevos ao centro.

- 881930070

- 881930071

Documentos e instrucións:

As familias terán que cubrir o seguinte impreso:

- Solicitude de admisión (galego)

- Solicitude de admisión (castelán)

 

Programa escolar de consumo de froita e leite

Este curso participamos no programa escolar de consumo de froita e leite. Recordamos que a partir do 1 de marzo e durante 10 días, o alumnado recibirá unha peza de froita.

A partir do 20 de marzo, comezará o período do leite, durante 20 días lectivos.

Plan de consumo de froita e leite nas escolas - FOGGA | CEIP Mestre  Rodríguez Xixirei

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

CEIPP Santa María

 

Mandadiño do Meco para xoves

Chega o último mandadiño do Meco deste Entroido.

Aquí vos deixo unhas fotos do guap@s que viñan algúns dos alumn@s o luns e o martes.

Meco para mércores

Bo día!!!
O Meco manda para mañá mércores unha froita na cabeza!!! Así seguimos traballando os contidos do noso proxecto!! Eso sí, non ten que ser de verdade!!!! Podedes facer un debuxo e pégalo nunha tira de papel o redor da cabeza, pegar un debuxo nunha pinza da roupa, nun gorro, poñer un coleteiro con unha froita, unha diadema....xa sabedes que no Entroido todo vale, calquera cousa que teñades pola vosa casa ou fagades sen mercar nada.
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido