NOVAS DATAS PARA RECOLLER AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Informamos que todas as familias que non pasaron a recoller os vales de axudas para os libros e material escolar en xullo, poden pasar a recollelos os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Festival de fin de curso

O pasado martes 22 de xuño dixemos adeus ao ano lectivo cun festival de final de curso. Aínda que este ano foi moi distinto, non quixemos faltar ás nosas tradicións, e por iso fixemos un festival con música, bailes e moita ciencia. O tempo non nos acompañou ao principio, pero finalmente puidemos saír e desfrutar do noso festival.

Queremos felicitar aos nenos e nenas de 6º de E.I. que se gradúan este ano e pasan a 1º de Educación Primaria. Moito ánimo na vosa nova etapa.IMG-0892

 

Tamén nos despedimos dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, que rematan este ano no centro e comezan o instituto. Desexámosvos moita sorte e que nunca olvidedes o vosa etapa neste colexio.

IMG-0954

Concerto de fin de curso!

Coa axuda da nosa profe de música fixemos un pequeno concerto de fin de curso, facendo unha homenaxe ás nosas raíces galegas e a algúns dos grandes grupos de rock de tódolos tempos. Esperamos que o disfrutárades, e aquí vos deixamos o vídeo.

UNHA EXPERIENCIA DE COIDADO. CORRESPÓNDECHE ESCOLLER A TÚA!

Os nenos e nenas de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria do noso colexio participaron nunha actividade dirixida a promover a corresponsabilidade e compartir en igualdade no marco da campaña "Unha Experiencia de Coidado, Correspóndeche escoller a túa!"  do Concello das Pontes.

https://view.genial.ly/60ccbd00a55bff0d3ed402cc

 



 

 

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe de libros e material para o curso 2021/2022.

 

AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR/CURSO 2021-2022

No DOG do día 20 de maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.   

                                     

BENEFICIARIOS                                                                                                                                   

Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:

a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.                                                                                                      

b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.                                                                            

c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria.

 

d) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, unicamente vale de material escolar. (Utilizarán libros dixitais e ordenador portátil dentro do Proxecto Edixgal.                                                                                                         

 

PRAZO DE SOLICITUDE

Comeza o 21 de maio e remata o 22 de xuño

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.

De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00.

SOLICITUDE PARA DESCARGAR                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               

 

LETRAS GALEGAS 2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022. LISTAXES DEFINITIVAS E INSTRUCCIÓNS

Finalizado o prazo de presentación de reclamaciones e non tendo que realizar ningunha modificación, informamos de que as listaxes provisionais pasan a ser as definitivas e polo  tanto procedemos á publicación das mesmas no taboleiro físico do colexio, situado na entrada principal, para a súa consulta. Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.

INSTRUCCIÓNS:

Tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 21 e o 30 de xuño. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

- Enquisa para determinar a lingua predominante.

SOTAVENTO, QUE BEN O PASAMOS!

Estos días, tivemos a sorte de ter connosco tres monitores do parque eólico Sotavento que ensinaron ao alumnado de Infantil e Primaria, unha gran cantidade de cousas relacionadas co Proxecto de Ciencia no que estamos a traballar neste curso. 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Todos os anos ao chegar estas datas, faciamos unha das nosas actividades preferidas: O APADRIÑAMENTO LECTOR. Este curso tivemos que realizalo de forma diferente ao non poder xuntarnos e ter que manter as aulas "burbulla": fixemos un apadriñamento virtual. Os alumnos e alumnas de 5.º de Primaria foron as madriñas e os padriños que lles leron, durante toda a semana do libro, a todo o alumnado do colexio, a través de Webex.

O propio Día do Libro, o 23 de abril, tivemos unha esperada visita: unha Contaciencia que nos sorprendeu con historias incribles.

Distribuir contido