FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/2021

 

 

O prazo para a formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula. Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento.

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

LISTA DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Para ver a lista de libros e material para o curso 2020/2021, preme na imaxe.

 

UNHA DESPEDIDA MOI ESPECIAL

Hoxe remata o curso e, aínda que non podemos estar xuntos, sentímonos moi próximos na distancia. Só temos que ver este vídeo para darnos conta.

 
 
Queremos recoñecer a confianza e o esforzo das familias e do alumnado nesta situación tan especial. Desde o centro mandámosvos o noso cariño e agradecemento.
 
Desexámosvos unhas merecidas e moi felices vacacións!

BOLETÍN DE NOTAS

 

O boletín de notas farase chegar o venres 19 de xuño a partir das 14:00 horas a través da aplicación AbalarMóbil.

DESPEDIDA DOS ALUMNOS QUE REMATAN EI E EP

Estimadas familias, este curso tan atípico e diferente chega esta semana ao seu fin. Para os alumnos de 6.º de Educación Infantil e 6.º de Educación Primaria é especial, porque os pequenos cambian de etapa e os maiores deixan o noso centro para comezar a Educación Secundaria.

Non podemos permitir que marchen sen que leven o recordo do seu paso. Por iso o día 19, último día de curso, farémoslles entrega do diploma de finalización de etapa, da orla e do vídeo da súa graduación. Sentimos que teñan que irse sen o festival de despedida que nos gustaría facer a todos, pero nesta excepcional situación non é posible.

As titoras destes dous cursos mandarán pola aplicación Abalar a hora de recollida.

Moita sorte nesta nova andadura!

 

 

AVISO SOBRE SORTEO TABLETA

Xa chegou o día. O sorteo da tableta farase o 15 de xuño coincidindo co primeiro sorteo da ONCE.

MOITA SORTE A TODOS!!!

IOGA

O ioga encántanos no noso cole, sobre todo aos peques. Ao rematar as nosas clases de Educación Física ou Psicomotricidade,  moitísimas veces faciamos algunha postura.

Unha das iniciativas que levariamos a cabo no noso centro, dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga das Pontes, Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase. Preme na imaxe para poder vela.

 
Moitísimas grazas, Lidia!!!

ESCENAS DE CINE

Dentro do noso proxecto CINELILI, contamos coa colaboración do alumnado e as súas familias para levar a cabo estas estupendas recreacións de películas moi coñecidas.

Desfrutade con este marabilloso traballo!!!

 
 

INFANTIL SAUDABLE

 

Durante a corentena foi moi importante facer exercicio físico e unhas rutinas saudables para ter o noso corpo e a nosa mente sans.

Os peques de Educación Infantil do noso centro compartiron con nós as súas rutinas.

Graciñas, peques!!

 

NOVAS E RECOLLIDA DE MATERIAL

Estimadas familias, xa podemos confirmar que non haberá regreso ás aulas do alumnado de Infantil e Primaria neste curso.

ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Algunhas familias solicitastes ir recoller libros e material ás aulas neste período longo de alerta sanitaria. Agora, coa entrada de Galicia na fase 2 de desescalada, xa estará permitido que o profesorado acuda ao colexio a realizar algunhas tarefas como a entrega de materiais.

Os mestres e mestras poñeranse en contacto coas familias para a entrega.

Os libros de 1.º e 2.º de Primaria xa están repartidos por tratarse de libros nos que poden escribir os alumnos e alumnas.

Os demais iranse entregando respectando o día asignado na seguinte táboa.

DÍA CURSO
LUNES 25/05 3 ANOS (4º EI)
MARTES 26/05 4 ANOS (5º EI)
MÉRCORES 27/05 5 ANOS (6º EI)
MARTES 9/06 3º EP
MÉRCORES 10/06 4º EP
XOVES 11/06 5º EP
VENRES 12/06 6º EP

O alumnado de 3.º a 6.º recollerán o material na penúltima semana de curso, desta forma xa poderán devolver os libros de préstamo sen ter que vir dúas veces. Todo o alumnado pode traballar co libro dixital, pero se hai algún neno/a que necesite algún libro, poderá chamar ao centro e poñerémoslle día para vir buscalo.

 

 

Distribuir contido