Día da Paz 2024

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da Paz 2024

Entroido 2024 - XOVES

Entroido 2024 - MÉRCORES

Entroido 2024 - MARTES

RESERVA DE PRAZA

Bo día, familias:

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2024/2025 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.

Pinchando en admisiónalumnado

No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Tamén pode cumplimentar a solicitude de xeito manual empregando o formulario que sigue, entregándose este no centro.

Para descargar o documento preme no ED550A

Un saúdo

O NOSO COLE NA TELE

O pasado 30 de decembro o noso cole aparece no programa especial do 50 aniversario de Informe Semanal de RTVE.

Podedes velo pinchando na imaxe, a partir do minuto 30.

Felices festas!

Dende o CEIPP Santa María desexámosvos unhas

FELICES FESTAS!

Recordamos que voltamos ás clases o día 8 de xaneiro.

 

Pinchando aquí tedes as lecturas recomendadas para este tempo de lecer

Álbum: Curso 2023-2024 -> Nadal 23

Samagosteen

Hoxe celebramos o tradicional Samagosteen. A ANPA preparounos un xenial Photocall e unha merenda típica do Magosto. A continuación agasallamos aos gañadores dos concursos de Pantasmas e Receitas terroríficas e por último realizamos xogos tradicionáis con materiais relacionados con magosto, o Halloween ou o Samaín. Aquí tedes algunha das fotos que tomamos organizadas por temáticas:

- Photocall

- Merenda

- Concurso de Pantasmas

- Concurso de Receitas

- Xogos do Samagosteen

 Non podemos olvidarnos dese conto tan chulo que inventaron tres alumnas de 6* de primaria e que foron contar por todas as clases, e de que este xesto fixo que outro alumnado de 5º preparase os seus propios contos.

Que sorte temos con estes nenos e nenas tan creativas!! Podedes ver as fotos e algúns dos contos aquí.

RECOLLIDA DE VALES DE FONDO LIBROS E MATERIAL

Recordamos que as familias que non pasaron polo centro a recoller os vales para a axuda de adquisición de libros e de material. Poderán pasar o día 5 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

VOLTA AO COLE

Despois destas merecidas vacacións, voltamos ao cole cargadas e cargados de enerxía o vindeiro 11 de setembro de 2023, no horario habitual do noso cole (9:00-14:00 horas).

Vémonos pronto

Distribuir contido