Skip to Content

4 anos

Xogando ós " bolos pingüíns"

Alma fixo un xogo de bolos decorados con pingüíns.

TEMOS RAS!!!

Hoxe, o profe Xulio ensinounos as ras que temos no acuario. Algúns cágados xa se transformaron en ras, outros están nas distintas fases. 

 

 

       

       

       

Tamén vimos tritóns e ata puidemos collelos.

     

 

 

Entroido

Hoxe celebramos o entroido cun desfile olímpico.

 

Os mandadiños do Meco

Esta semana, cada día viñemos vestidos dun xeito determinado: O luns coa roupa do revés, o martes con algo no pescozo, o mércores cos zapatos diferentes e o xoves engalanamos a nosa testa.

FELICIDADES PEDRO!!

Hoxe foi o aniversario de Pedro. É o segundo en cumprir 5 anos. Para celebralo tomamos biscoito, puxemos música e, como facía un día soleado, fomos ao parque.

 

 

 

Parabéns!!!

FACEMOS UN PINGÜÍN

OBSERVAMOS CÁGADOS

Hoxe observamos uns cágados e un tritón que naceron no cole.

 

Aproveitamos  para aprender que os cágados de maiores son as ras. E vimos na web a súa transformación.

MATERIAL ALUMN@S

Arya trouxo un libro sobre as morsas e explicounos algunhas características delas.

 

Pedro trouxo un atlas e pudemos ver a Antártida e o Ártico.

 

Xulio trouxo un libro de animais que fora do seu pai e amosounos os pingüíns.

 

Anna trouxo un libro  "La vida bajo el mar" e mostrounos os animais marinos do Polo.

 

Valentina trouxo un conto Cucú-tras de animais do Polo.

 

Lola amosounos un pingüín que debuxou ela soa na súa casa e que, ademais, puxera un ovo.

MURAL POLOS

Rematamos o mural dos Polos.


Nel, os protagonistas son os gatiñ@s.

  

  

  

  

  

  

 

 

 

O pingüín de Brais

Hoxe Brais amosounos un pingüín que fixo con arxila.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut