Skip to Content

4 anos

DE "PICNIC"

XOGANDO A EMPARELLAR FROITAS

DECORANDO MANDALAS CON AREA DE CORES

OBRADOIRO DE CONSUMO: "CONSTRUCIÓN DE XOGUETES"

Hoxe, os gatiños e as toupiñas fomos á biblioteca onde nos amosaron xoguetes feitos con material de refugallo e cada neno e nena fixo o seu.

VISITA AO ÁGORA

O venres fomos andando ata a biblioteca Ágora. Alí coñecemos ao paxariño Ole. As bibliotecarias contáronnos algúns contos e cada un de nós poidemos escoller un conto para levar ao cole nunha maleta, que devolveremos nun mes.

Aínda que moitos xa coñecían a biblioteca, foi moi divertido ir cos compis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FELIZ ANIVERSARIO MIKELA!!

Hoxe Mikela cumpriu 5 anos!!!

O seu papá trouxo un biscoito cuberto de lacasitos que lles encantou.

 

MERENDA CAMPESTRE

Estes días, co bo tempo, facemos merendas campestres. Como din os gatiñ@s, facemos un <picnic>.

FELICIDADES MANU!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Manu.

 

Moitos Parabéns!!!

VISITA AO PARQUE E LAGOA DE EIRÍS

Hoxe visitamos o parque e a lagoa de Eirís. Éramos exploradores na procura de pistas. Aprendemos moitas cousas: as tartarugas da lagoa son una especie invasora que acabou con todas as ras; as pegas (urracas) son unhas ladroas, pois collen todo o que brilla; os parrulos macho da lagoa teñen a cabeza verde e son máis vistosos que as femias, etc.

      

       

Sobrounos un pouquiño tempo, antes de que chegara o autobús, para ir ao parque.

OBRADOIRO: VEXO VEXO A LAGOA DE EIRÍS

Hoxe viñeron a falarnos sobre os animais e plantas que imos ver no parque de Eirís na saída que faremos o luns.

Ademáis, regaláronlles un conto que puideron colorear.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut