Skip to Content

4 anos

BIBLIOTECA DE PATIO

Os xoves podemos disfrutar de libros e contos da biblioteca que sacamos ó exterior na hora do recreo.

 

 

XOGAMOS AOS BOLOS

Reciclamos botellas  de auga baleiras e, con elas, fixemos bolos. Agora nos recreos xogamos con eles.

VIMOS O VÍDEO DA EMIGRACIÓN!!

Hoxe, as toupiñas e os gatiñ@s fomos á biblioteca para ver un vídeo no que saía Xulio e Valentina cos seus avós falando de cando, hai moitos anos, emigraron  a outro país. Tamén contaron a súa historia outros nenos e nenas que viñeron a Galicia dende o estranxeiro.

Foi moi bonito e moi emotivo!!!

 

TEMOS PAXARIÑOS!!

Hoxe, cando saimos ó patio, atopámonos cunha sorpresa: No galiñeiro había moitos paxariños! Son aves tropicais chamadas Diamantes.

PROBANDO A MESA DE LUZ

OSO POLAR

Esta semana fixemos un monicreque de oso polar que levaron hoxe para casa.

 

XULIO TROUXO MADALENAS!!

Hoxe Xulio tiña unha sorpresa para todos!!

 

Axudou á súa nai a cociñar madalenas!!!

A min tocoume unha madalena <diamante>.

Grazas Xulio estaban riquíiiisimas!!!

 

 

 

 

MESA DE LUZ

Hoxe, na aula,  presentamos a mesa de luz e os gatiñ@s poideron interactuar libremente cos materiais adecuados para esta mesa.

 

Mentres uns estaban na mesa de luz outros gatiñ@s xogaban con xogos manipulativos que desenvolven a súa creatividadade, como xogos magnéticos 3D, etc.

 

 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Hoxe, polo día da muller e, xa que estamos traballando o proxecto dos xogos olímpicos, fomos á biblioteca onde unhas alumnas de 5º e 6º de Primaria explicáronnos os deportes que practicaban.

 

 Na hora do conto lemos  "Vida secreta de las mamás".

O ciclo da vida da ra

Como a Nuno gustoulle tanto ver os cágados e ras que temos no cole, fixo un mural co ciclo da vida das ras que explicounos na clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut