Dana cumpriu anos en vacacións pero como estivo enferma celebrámoslle hoxe o aniversario. Trouxo dous biscoitos que fixeron entre ela e a súa nai e, como era moito, compartimos cos nosos compis as "toupiñas".
Hoxe as toupiñas visitamos a biblioteca do Ágora, onde coñecimos a Ole, un paxariño que é a súa mascota, e contáronnos e vimos algúns contos e ata nos deixaron levar unha maleta chea de libros para contar en clase.
A actividade titulábase "O que levamos na maleta". A partires dunha pequena historia, na que a protagonista era unha nena chamada Carolina, miramos algunhas obras e os gatiñ@s expresaron o que lles transmitían. A verdade é que o fixeron moi ben, tanto que a educadora do museo felicitounos.