Skip to Content

Horta

Os máis pequenos do cole na horta

Aproveitando o respiro que nos ofreceu estes días o tempo, os nenos de E. Infantil desafiando o frío foron os primeiros neste curso en acudir á horta do colexio para plantar bulbos de flores: tulipáns, iris e narcisos. Agora toca esperar a que agromen e poidamos observalos como medran e florecen recreándonos a vista co seu colorido.

            Eles puxeron toda a  atención e fixérono con moito amor, aínda que lles costa  un pouquiño mancharse as mans coa terra. Imos ver unhas imaxes para percatarnos do interese que puxeron.

 

 

 

 

 

 

 


A HORTA VOLVE PRODUCIR

 

 

Este curso o traballo na horta comeza cunha novidade: a elaboración  decompost”. Trátase de reciclar o lixo orgánico producido nos recreos e noutras actividades do centro para obter abono orgánico para a horta.

Un grupo de nenos/as de 6º recolleu información e elaborouse un dossier para infomar a tódalas clases. Despois disto, fíxose unha campaña con “eslogans” creados polos nenos/as para animar a separar e reciclar o lixo.

    O eslogan ganador foi o da clase de E. Infantil: 4 anos A.

O QUE SAE DA TERRA,

VOLVE A ELA.

 


A HORTA A PLENO RENDEMENTO

 

        A HORTA A PLENO RENDEMENTO

 Coa chegada da primavera a nosa horta renovou o aspecto e foi enchéndose de cultivos pouco a pouco: patacas para cedo, brócoli e coliflor.   
    

               Máis adiante arrincamos as coles e plantamos a horta para ter verzas e tamén plantamos os allos.

 

       

 

Agora temos tamén tomates e pementos (a segunda remesa porque a primeira secou), e xa plantamos (e naceron moi ben) as cabazas para o Samaín do próximo curso.

                      
      

 Por certo, as groselleiras xa teñen froitos!

                                                      

 

TRABALLO NA HORTA ESCOLAR

Para ver como traballamos na nosa HORTA picade no enlace:


Horta escolar S.Pedro de Visma Canso

Distribuir contido


by Dr. Radut