Skip to Content

Horta

OS TULIPÁNS DE 3 ANOS

OS TULIPÁNS DE 6º

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

NENAS E NENOS DE 4º E 5º PLANTANDO LEITUGAS.

Ademais de semilleiros, no invernadoiro cultivamos aloe vera, pementos, tulipáns... Agora tocou leituga, variedade Marabilla de Verán.

CONSTRUCIÓN DE LADRILLOS

 

ALUMNOS DOS DOUS QUINTOS

Nesta imaxe vemos algúns alumnos de quinto, sempre voluntarios para os traballos de horta, e que non dubidan adicarlle o seu tempo de lecer. Aqui están plantando bulbos para que o noso xardín dos sentidos teña cor.

ALUMNOS DE 4º

Alumnos de 4, coa súa profesora Marisol, construíndo o xardín dos sentidos.

Cada ladrillo, un decímetro cúbico de plástico que non chega ao mar.

ALUMNOS DE TERCEIRO

Alumnos de terceiro, coa súa profesora Rosa, cuídan á horta con esmero.

Antes estiveron poñendo un montón de ladrillos feitos con cartóns de leite, e recheos por eles, dos plásticos dos envoltorios de merendas. Son plásticos que quedarán aquí e nunca chegarán ao mar.

TULIPÁNS

A chegada da primavera esta cerca, e en todas as clases empezan a florecer os tulipáns que todos plantamos e cuidamos. Cada familia recibirá na súa casa esta fantástica flor, que nalgúns paises é un símbolo nacional e que, con frecuencia, aparece en moitas escenas do cine coma ornamento.

O DERRADEIRO OVO

UN BICHO ENTROU NO GALIÑEIRO E NOS DEIXOU SEN PITAS. FORMA PARTE DO CICLO NATURAL E DAS CADEAS ALIMENTARIAS. PERO PARA NÓS SON TAN IMPORTANTES QUE MÁIS CEDO QUE TARDE VOLVEREMOS A TER PITAS. AFORTUNADAS, PORQUE AQUÍ TEÑEN TODO UN COLEXIO PARA CUIDALAS E FACER TODO O NECESARIO PARA QUE SE SINTAN FELICES.

Xa chegou a hora de recoller os repolos

Este é o froito do noso traballo, un repolo, que é un alimento moi sano. Os alumnos e alumnas seguen así todo o proceso de produción desta verdura que despois poderán degustar na súa casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut