Skip to Content

Horta

Plantamos bulbos

Plantamos bulbos de tulipán no invernadoiro e nas aulas. Veñen dos Paises Baixos gardados en frío.

Aquí temos unha clase de infantil plantando. Cada neno pela os bulbos e planta varios nos recipientes que traen da casa. Estes recipientes son material reutilizado.

O noso aradecemento a Paco Naveira polo seu asesoramento e poio loxístico.

PLANTANDO AMORODOS

Alumnado de 5º e 6º plantan amorodos nos bancais do galiñeiro.

MANTEMENTO DA HORTA

6º A traballando nos bancais dos repolos: quitando herbas e removendo a terra cando non está moi mollada.

PLANTANDO ARÁNDANOS

6º de infantil planta arándanos no xardín dos sentidos. 3ºB acondicionará ese espazo para que sexa fácil de manter cuidado.

 

O XARDÍN DOS SENTIDOS

Estamos a construir un xardín dos sentidos: 3ºB pon os primeiros palmos.

A INVASIÓN DOS TULIPÁNS

 

Todo o alumnado do centro empeñado en facer rexurdir estes bulbos de tulipáns e adornar un pouco máis o mundo con flores.

EXPOSICIÓN ESPECIES INVASORAS SEMANA DO 11 AO 15 DECEMBRO

Esta semana poidemos contar coa exposición ALERTA: ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS ! patrocinada polo Concello de A Coruña.

O día 5 dous técnicos déronnos unha charla en dúas sesións dunha hora cada unha a que asistiron alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

Foi de grande interese.

 

EXPOSICIÓN BIODIVERSIDADE

No mes de novembro tivemos no colexio a exposición itinerante do CEIDA: Galicia Biodiversidade. Todo o alumnado e visitantes do noso colexio  poideron ver estes 19 interesantes paneis. Para máis información visitade :

http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/galicia-biodiversidade

Alumnado de 4º e 6º visitando á exposición.

 

 

A plantación de árbores na prensa

Á plantación de árbores no noso cole foi recollida polos xornais da nosa cidade.

 

Fotos: Victor Echave (La Opinión)

Estas son as ligazóns:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/11/29/alumnos-colegio-san-pedr...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/11/12/jardin-sentidos-...

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

 

Distribuir contido


by Dr. Radut