Skip to Content

Os máis pequenos do cole na horta

Aproveitando o respiro que nos ofreceu estes días o tempo, os nenos de E. Infantil desafiando o frío foron os primeiros neste curso en acudir á horta do colexio para plantar bulbos de flores: tulipáns, iris e narcisos. Agora toca esperar a que agromen e poidamos observalos como medran e florecen recreándonos a vista co seu colorido.

            Eles puxeron toda a  atención e fixérono con moito amor, aínda que lles costa  un pouquiño mancharse as mans coa terra. Imos ver unhas imaxes para percatarnos do interese que puxeron.

 

 

 

 

 

 

 




page | by Dr. Radut