Skip to Content

Horta SPV 2015-2016

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 

Hoxe, todo o alumnado e profesorado saíu ao patio para conmemorar o DÍA DA PAZ. Interpretamos a canción "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler e Jennifer López.

 

XUNTARTE

 

O CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma participou, xunto cos colexios públicos CEIP Ramón de la Sagra, CEIP  Emilia Pardo Bazán e o CEE María Mariño, coa colaboración do IES Imaxe e Son, na gala  XUNTARTE, XUNTOS POLA ARTE, que tivo lugar onte, 27 de xaneiro, ás 18 horas, no Ágora. Estes colexios uníronse e organizaron un festival conxunto con motivo da celebración do Día da Paz, co tema “Danzas do Mundo”, no que se fixo  unha exhibición de danzas de diferentes continentes. Un grupo de alumnos de 5º de primaria do noso Centro, ensaiados pola profesora de primaria dona Rosa Tenreiro e coa colaboración da profesora de inglés dona Teresa Mira e a xefa de estudos  dona Dolores Catoira, representaron unha danza típica de Israel titulada "Hine ma tov" e colaboraron  en varias danzas conxuntas. 

O festival resultou moi ameno e esperamos que esta colaboración entre centros públicos continúe no tempo en sucesivas edicións.

 

 

30 DE XANEIRO DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

XA PODEDES PRÁCTICAR A NOSA CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ DE ESTA ANO, ALÍ VAI...

A FESTA DO NADAL

No colexio celebramos O Nadal cun festival, onde os nenos/as foron os protagonistas e para merendar: unha gran chocolatada!.

                                                                       BO NADAL!

                                  

VISITA DE PAPÁ NOEL

Os alumnos/as de infantil, 1º e 2º de primaria recibiron unha visita moi especial...

                           

 

 

 

 

 

"OS QUIMIONS"

 

 

O CEIP PLURILINGÜE "SAN PEDRO DE VISMA" QUERE POÑER O SEU GRAN DE AREA PARA AQUELES NENOS E NENAS QUE EN ESTAS DATAS TEÑEN QUE PERMANECER HOSPITALIZADOS.

OS NENOS-AS DO NOSO CENTRO CONFECCIONARON ESTAS BOLSIÑAS PARA QUE OS SEUS DEBUXOS FAGAN ESBOZAR UN SORRISO E SEXA MÁIS RÁPIDA A SÚA RECUPERACIÓN. 

BO NADAL.

MAGOSTO 2015

MAGOSTO 2015

MERENDA TERRORÍFICA

Os alumnos do CEIP San Pedro de Visma tiveron unha merenda moi arrepiante. Comeron arañas, vermes, ollos, momias...

 

 

A VENDIMA

Distribuir contido


by Dr. Radut