Skip to Content

Xa chegou a hora de recoller os repolos

Este é o froito do noso traballo, un repolo, que é un alimento moi sano. Os alumnos e alumnas seguen así todo o proceso de produción desta verdura que despois poderán degustar na súa casa.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 30 DE XANEIRO

FIN DE ANO NO SPV

Hoxe, no San Pedro de Visma, celebramos o Fin de Ano. Tomamos as 12 uvas ao son das badaladas e cantamos  e bailamos a panxoliña titulada "Será o Nadal" de Jesús Pareja. 

FELIZ 2018!!!

 

CHOCOLATADA DO NADAL

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

 

TITA

Hoxe o teatro Bavaluva representou no cole a obra  "TITA".   É unha montaxe de teatro de títeres e actrices sobre a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia.

Houbo dous pases aos que asistiron os alumnos de 5º e 6º de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria.

 

 

PLANTAMOS REPOLOS

MASCOTA BIBLIOTECA

Comezamos o curso buscando unha mascota para a nosa biblio. Para elixir o gañador, valoramos tanto  a orixinalidade da mascota como a historia da mesma, ligada ao mundo dos contos. 

A gañadora foi TECA, feita polos irmáns Alex e Antía Pita. O segundo premio foi para "A señora piña", de Irene, Inés e Marta. E o terceiro premio foi para LIRO, de Paula Docampo.

 

Noraboa a tod@s os/as participantes e moitas grazas polo voso esforzo e colaboración!!! 

 

1º premio

 

  

2º premio

 

 

3º premio

 

 

MAGOSTO 2017

O luns celebramos o Magosto no cole. Viñeron os castañeiros a repartirnos cucuruchos de castañas.

 

 
 
 
Despois realizamos  xogos tradicionais adaptados a cada ciclo.
 
 

PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA SPV

Nais, pais, avoas, avós, profesoras, profesores, nenas e nenos poñemos ilusión e esforzo para ter unha fantástica horta escolar e xardín de plantas aromáticas.

O sentimento de estar en comunidade recompensa o traballo realizado e promete moi bos froitos. E por riba, o tempo acompañou cunha magnífica tarde de sol.

Distribuir contido


by Dr. Radut