Skip to Content

XUNTARTE

 

O CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma participou, xunto cos colexios públicos CEIP Ramón de la Sagra, CEIP  Emilia Pardo Bazán e o CEE María Mariño, coa colaboración do IES Imaxe e Son, na gala  XUNTARTE, XUNTOS POLA ARTE, que tivo lugar onte, 27 de xaneiro, ás 18 horas, no Ágora. Estes colexios uníronse e organizaron un festival conxunto con motivo da celebración do Día da Paz, co tema “Danzas do Mundo”, no que se fixo  unha exhibición de danzas de diferentes continentes. Un grupo de alumnos de 5º de primaria do noso Centro, ensaiados pola profesora de primaria dona Rosa Tenreiro e coa colaboración da profesora de inglés dona Teresa Mira e a xefa de estudos  dona Dolores Catoira, representaron unha danza típica de Israel titulada "Hine ma tov" e colaboraron  en varias danzas conxuntas. 

O festival resultou moi ameno e esperamos que esta colaboración entre centros públicos continúe no tempo en sucesivas edicións.

 

 



page | by Dr. Radut