Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.
BENEFICIARIAS
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma E-DIXGAL con libros electrónicos.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Pregamos que de ser posible se faga de xeito telemático. De non ser posible, pódese entregar a través do alumnado a seu titor-a cuberta e asinada.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais
membros computables da unidade familiar.
- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25
- No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
DATOS ECONÓMICOS:
Renda percápita correspondente ao exercicio fiscal do ano 2022.
Sumaranse as casillas 435+460 da renda da unidade familiar e dividirase entre o número de membros computables.
Modalidade Axuda
|
Destinatarios |
Umbrais Renda |
Axuda |
Outros requisitos |
Documentación |
Fondo solidarios libros de texto
|
3º,4º de
primaria
|
>6000<=10000€ |
4 libros |
Ter devolto en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 22-23
|
Segundo o caso a indicada na orde da convocatoria e na propia solicitude.
Orixinal e copia
|
Fondo solidarios libros de texto
|
3º,4º de
primaria
|
<=6000€ |
6 libros |
Adquisición libros de texto
|
1º, 2º de primaria |
>6000<=10000€ |
160 € |
Adquisición libros de texto
|
1º, 2º de primaria |
<=6000€ |
240 € |
Material escolar |
1º,2º,3º,4º,5º,6º de primaria
|
<=6000€
>=6000€
|
75 €
60 €
|
PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024.
Para ser beneficiario do fondo é das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE, DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, de Primaria) neste curso 23/24.
O centro establecerá unhas datas no mes de xuño para devolver os libros.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025 (actualizado 02/07/2024)
Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2024/25
Relación de material para a aula para o curso 2024/2025. (primeira semana de setembro)
Acceso ao DOG