Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Admisión de alumnado 24-25

ADMISIÓN DE ALUMNADO

INFANTIL  E PRIMARIA PARA O CURSO 2024-2025

Aplicación Admisión Alumnado

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

RESERVA DE PRAZA ALUMNADO 6º de primaria NO IES O COUTO. ANEXO I en liña

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Se non desexa solicitar praza en dito instituto Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

 2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. ANEXO II  

Aplicación Admisión Alumnado (solicitude telemática)

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

Documentación que se debe achegar xunto co Anexo II:

  1. Fotocopia do DNI pais e alumn@
  2. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumn@
  3. Certificado médico (enfemedades, alerxias, vacinas)
  4. Fotocopia libro de familia
  5. Certificado de familia numerosa de ser o caso
  6. Certificado de empadroamento

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.


 

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 Todas as solicitudes presentadas neste centro foron admitidas.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITID@S


 

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

O prazo de formalización da matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño. Os impresos de matrícula poderanse recoller na secretaría do centro ou poderán ser descargados da páxina web en xuño.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITID@S


 

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño. ANEXO III-1

9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-7 de xullo.

10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro».



page | by Dr. Radut