Skip to Content

Entroido

MANDADO MARTES 18 DE FEBREIRO

MANDADO LUNS 17 DE FEBREIRO

ENTROIDO 2020 (17 - 21 DE FEBREIRO)

Ao colexio Recimil este ano déuselle por cociñar, entón de "chefs" ímonos disfrazar.

 

Co motivo de contribuír ao coidado do medio ambiente, este curso suprimimos a utilización de plásticos ou materiais contaminantes para o disfrace, por iso imos utilizar prendas e accesorios que poidamos atopar na casa, sen ter que mercalos.

RECINOVA ENTROIDO 2020: OS VOLANTES

ENTROIDO 2019

Galería de fotos:

Personaxes:

  • Personaxes anteriores: boteiro, pantalla, peliqueiro, vergalleiro, cigarrón...

 Desfile de comparsas polo barrio de Recimil. Tema "A Terra" (proxecto de centro deste curso):

CESTA ENTROIDO ENTREGADA!

PARABÉNS!

ENTROIDO 2018: MANDADOS E DISFRACES

Despois de cumprir cos mandados do Meco, unha vez cumprida a súa condena, este ano o tema dos disfraces tratou sobre xogos: desde os bonecos dos máis pequenos ás pantasmas Pac-Man dos maiores, pasando polo parchís, o xadrez, o tres en raia, o dominó, os naipes de póker e tamén carreiras de sacos e quebracabezas.

Galería: Entroido2018 As comparsas

ENTROIDO 2018: A CANCIÓN

Debido ao mal tempo non foi posible "desfilar polas rúas" ... pero a forte chuvia non nos impediu cantar e bailar ... cambiando as rúas do barrio e a Praza de España polo ximnasio do cole.

ENTROIDO 2018: OS PERSONAXES

Dende hai xa varios anos acompáñannos no cole (na primeira planta, no corredor das aulas de 1ºEP) varios personaxes do Entroido de Galicia. Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega escolleu tres deles para colocalos nas dúas entradas principais: o PELIQUEIRO de Laza, o VERGALLEIRO de Sarreaus e a PANTALLA de Xinzo.

O Recinova deste Entroido foi dedicado a: "OS VOLANTES DE CHANTADA". Elaborouse tamén un mural sobre este personaxe do Entroido galego.

Premer na imaxe para acceder á galería.

DESFILE ENTROIDO 2017 E CONDENA DO MECO

Xa co inicio do mes de febreiro empezaron a artellarse os disfraces nas aulas, e seguindo o proxecto de centro deste ano, o tema escollido foi o dos oficios.

O luns día 20 metémonos de cheo no Entroido co Meco e os seus mandados, cos ensaios das coplas e co sorteo da cesta do Entroido.

O xoves, o alumnado de 6º levou a xuízo ao Meco e encargouse da lectura do seu testamento.

E xa no venres, como remate deste Entroido 2017, o tradicional desfile de comparsas polo barrio seguido pola execución da condena do Meco. Ademais dos seguintes vídeos tamén se poden ver as imaxes das comparsas de cada aula aquí e máis fotos na galería.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut