Skip to Content

Igualdade

OS NOSOS MURAIS DE ÁNGELA RUIZ ROBLES

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller.

O equipo de Convivencia quere recordar a Ángela Ruiz Robles, mestra, pedagoga, escritora e inventora.

Inventou o libro mecánico, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe ao seu alumnado e reducir a carga de libros. Considérase o precursor do libro electrónico.

VÍDEO PARA EI, 1º, 2º E 3º

VÍDEOS PARA 4º, 5º E 6º

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día 11 de febreiro conmemórase o día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Para celebralo, o 10 de febreiro recibimos a visita de Pedro Brandariz para falarnos da figura de Ángela Ruiz Robles, máis coñecida como "Doña Angelita", unha muller precursora no seu tempo e que inventou, entre outras cousas, o libro mecánico, antecesor do libro electrónico.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Como cada ano, o 3 de decembro vemos nas aulas curtametraxes para concienciar que todos/as somos iguais e ao mesmo tempo somos diferentes. É precisamente na diversidade onde reside a riqueza.

Na seguinte lista de reprodución están os seguintes vídeos:

  • Alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de EP: "Cuerdas" e "El cazo de Lorenzo".
  • Alumnado de 3º e 4º EP: "ONCE: Los colores de las flores" e "Conociendo el mundo con otro sentido".
  • Alumnado e 5º e 6º: fragmentos de "Wonder" e "Forest Gump".

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero porque hai moitas mulleres que sofren maltrato. Todos os cursos quixemos cantar a canción "La puerta violeta", de Rozalén e tamén fixemos un mural moi chulo que nos representa a todos/as e co que queremos expresar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.

1. O mural. Premer na imaxe para ver as fotos na galería.

2. A canción. Lista de reprodución con vídeos nos que o alumnado canta ou interpreta con xestos algúns fragmentos.

J.G.R., 6ºB

LA PUERTA VIOLETA EN LENGUA DE SIGNOS - ROZALÉN

Canción que cantaremos o próximo 25 de novembro co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

DIXEMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, no CEIP Recimil plantamos pensamentos: literal e figuradamente.

Plantamos pensamentos e tamén compartimos os nosos.

Falamos dos nosos pareceres, dalgunhas vivencias, de como nos gustaría que fosen as cousas, etc, e decidimos que para loitar contra a violencia, as inxustizas, a dor, ... debiamos plantar sementes de amor, sementes de paz, de comprensión, de tolerancia, agarimo, respecto...

Este días botamos unha chea de sementes bonitas porque isto é cousa de todos e todas.

Plantamos valores e sentires que imos coidar.

Porque todo o que se coida, medra.

Di NON á violencia de xénero.

Premer na imaxe para acceder ao álbum da galería.

"GYMCANA"

Presentación de imaxes da "gymcana" de IGUALDADE que se celebrou no centro o 3 de marzo en dúas quendas: alumnado de EI, 1º e 2º EP e alumnado de 3º a 6º EP.

Álbum: Act. Complementarias 19/20 -> "Gymcana" Igualdade

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns, 25 de novembro, celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero. No Recimil pegamos unhas follas cunha mensaxe nunha árbore moi fermosa.

Algunhas das frases son:

  • Non é non.
  • Non ao maltrato ás mulleres.
  • A miña vida ten valor, o meu corpo non ten prezo.
  • Se doe, non é amor.
  • No amor non todo vale.
  • Non lle digas que a queres e despois a maltrates.
  • Trátaa ben como che gusta que te traten a ti.

Valeu a pena. Aprendemos a non usar a violencia.

E lembrade: sempre hai que respectar aos demais. Seyni, Antón e Héctor (5°A)

SOÑO CON SER COMO ...

Un paquete chegou á aula de 4º A ...

Unha caixa con obxectos...

Cada obxecto está relacionado coa profesión dunha "muller con historia"...

Elaboración das biografías destas mulleres...

Sorpresa final: As pequenas biografías realizadas expóñense nun "atrapasoños"!

 Enlace ao álbum da galería: Atrapasoños 4ºA

Distribuir contido