Skip to Content

O maio

MAIOS NOS BALCÓNS

O equipo de Dinamización da Lingua Galega está moi agradecido ao alumnado e ás súas familias polas imaxes enviadas dos traballos elaborados, que nos permiten non esquecer esta Festa dos Maios.

Todas as fotos recibidas están publicadas na galería, no álbum Maios nos balcóns (incluído na categoría Act. Complementarias 19/20).

E Fran, o noso profe de música, compuxo unha preciosa canción que queremos compartir con toda a comunidade educativa do CEIP Recimil por medio do seguinte vídeo.

 

NO RECIMIL CELEBRAMOS OS MAIOS!

Saúdos familias.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro e, a pesares da situación actual, resistímonos a perder unha celebración tan nosa como é a Festa dos Maios. Por iso, convidámovos a festexalo con nós, imos encher de primavera as nosas fiestras!

O vindeiro domingo 3 decoraremos as nosas xanelas ou balcóns cos nosos maios. Para iso, a próxima semana podedes elaborar un maio utilizando os materiais que teñades na casa. Se queredes, enviade unha fotografía do resultado ao correo electrónico colerecimil@gmail.com que subiremos á páxina web do cole. Por suposto, podedes saír vós tamén!

Deixámosvos algúns enlaces web que vos poden servir de axuda. Que mellor xeito de celebrar que facendo cousas en familia!

Apertas.

 

- Vídeo flores de papel 1

- Vídeo flores de papel 2

- Vídeo flores de papel 3

 

 

 

FESTA DOS MAIOS - 2018

 

Finalmente choveu e a festa FERROL DE FRORES CUBERTO suspendeuse pouco despois de comezar. Nós decidimos continuala no ximnasio do colexio.

Un grupo de nenos/as de 5º e 4º EP, acompañados por Fran, interpretaron unha cantiga (a que estaba prevista para a Praza de España). O resto colocámonos arredor do maio e nenos/as de 6º encargáronse de darlle voltas. Tanto gustou esta cantiga que ... repetimos!

Imaxes publicadas no álbum: Maio_18

Algunhas destas imaxes e unha selección de momentos da festa pódense ver no seguinte vídeo.

 

 

 

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración!

MAIOS 2017

 
Que ben nos quedou o maio! Conseguimos que quedara así de colorido e bonito grazas á colaboración das familias (coa achega de moitas das flores que nel locen) e ao traballo de todos os nenos e nenas que, ao longo da mañá, coa axuda do profesorado e baixo a coordinación da profe Gala, estiveron "vestindo" unha estrutura construída o curso pasado polo pai dunha alumna.
(Premer na imaxe para ver as fotos da galería).
 
E con este maio participamos no evento "Ferrol, de frores cuberto" que organizou a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Esta festa tivo lugar o xoves 4 de maio na Praza de España e contou coa actuación de "Teatro dos Ghazafelhos" e "Uxía Lambona e a Banda Molona". (Enlace á noticia emitida nos informativos da TVG). (Enlace á noticia publicada no Diario de ferrol).

MAIOS 2016

 O xoves día 5 todo o colexio implicouse na elaboración do maio. Tanto o alumnado coma o profesorado trouxemos flores, ramallos e fiúncho. Todo isto foi colocado na estrutura do maio, deseñada e realizada por Manuel (o pai dunha alumna de 6º). Foi un día axetreado no que o alumnado desfrutou moito e o arrecendo das flores percorría aulas e corredores.

O venres por mor da chuvia rexistrada pola mañá, suspendeuse a festa escolar dos maios na Praza de España. Tras a suspensión de dita actividade, o noso colexio, realizou a festa dos maios no ximnasio: cantamos, bailamos, fixemos fotos e desfrutamos dun maio florido e fermoso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut