Skip to Content

Outras actividades

DIPLOMA CARREIRA LEUCEMIA

A Fundación Unoentrecienmil outorgou este diploma ao centro pola  pola súa participación na V Edición de "La Vuelta al Cole contra la leucemia infantil."

Nesta carreira, que tivo lugar na Praza de España o 25 de outubro de 2019, recadáronse 283,44€. Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Premer na imaxe superior para visualizar o diploma no seu tamaño orixinal.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA

 

O DÍA 25 DE OUTUBRO TIVEMOS UNHA CARREIRA SOLIDARIA NA PRAZA DE ESPAÑA.

DEMOS UNHA VOLTA OS MÁIS PEQUENOS E DÚAS OS MAIORES.

O PERCORRIDO FOI MOI DIVERTIDO PERO, SOBRE TODO, APRENDEMOS QUE SER SOLIDARIO É MELLOR PARA TODOS.

A LEUCEMIA É UNHA ENFERMIDADE QUE ACTUALMENTE PÓDESE CURAR.

SAMANTA E CLAUDIA, 6ºA

 

CARREIRA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O venres 25 de outubro fixemos unha carreira contra a leucemia infantil. Foi na Praza de España. Os nenos/as doamos diñeiro para que se poida investigar máis sobre esta enfermidade. Todos recibimos diplomas.

Estas son imaxes da carreira:

 

Alicia, 6ºA

DESPEDIDA DE FINA NEBRIL E ANA AMARELO

Na semana do Entroido despedimos a estas dúas profesoras, moi queridas no noso centro, no que permaneceron 12 anos.

Un evento sinxelo pero moi emotivo tivo lugar o martes 26 de febreiro no patio, despois do recreo: todo o persoal do centro recibímolas cun grande aplauso e con acompañamento musical por parte do profesor de Música Fran (coa gaita) e dous alumnos de 4º (con caixóns).

Representantes do alumnado entregáronlles agasallos elaborados nas aulas. Anxo, alumno de 4ºA, entregou a Ana un biscoito que preparou con moita ilusión e que a continuación se compartiu tamén con Fina, titoras e alumnado de 4º.

Toda a comunidade educativa do CEIP Recimil desexámoslles moi boa sorte nesta nova etapa!

UNHA APERTA MOI ESPECIAL PARA FINA DOS NENOS E NENAS DE 6ºA!

UNHA APERTA MOI ESPECIAL PARA ANA DOS NENOS E NENAS DE 4ºA!

Premer na imaxe para ver as fotos na galería.

VISITA DA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN

O pasado martes 13 de novembro recibimos a visita da Conselleira de Educación, Carmen Pomar. Durante algo máis dunha hora, o  equipo directivo acompañouna nun recorrido polo centro, visitando algunhas aulas de EI e EP.

A Conselleira puido ver en directo dúas actividades de proxectos do noso colexio: O TEI en Educación Infantil e Programación e Robótica nun curso Edixgal.

Enlace á noticia publicada no periódico "El Correo Gallego".

ANDAINA POLO BARRIO DE RECIMIL

Actividade organizada polo equipo de convivencia do CEIP Recimil para a mañá do xoves 3 de maio na que alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ANPA e representantes do Concello, realizamos un percorrido polo barrio de Recimil coa seguinte finalidade:

- Visualizar o noso traballo en valores de respecto, civismo, cooperación, tolerancia...

- Facer un chamamento aos organismos responsables para atender o noso barrio, que repercuta nunha maior escolarización de alumnado.

- Facer unha xornada de convivencia con toda a comunidade educativa.

- Unir a todo o barrio para un ben común.

Fotos publicadas no álbum: Percorrido_Recimil

A noticia nos medios de comunicación locais:

Diario de Ferrol          Televisión Ferrol       Ferrol360

VISITA DE PROFESORES DE GALES

O luns 17 de xaneiro contamos coa visita dun grupo de sete profesores de Gales acompañados por dous representantes do Centro de Formación do Profesorado de Ferrol. (Enlace á noticia publicada no Diario de Ferrol)

Ademais de ensinarlles o noso centro (encantoulles o mural pintado por Carmen Martín) invitámolos a asistir a unha sesión de robótica e ao desenvolvemento dunha actividade TEI en Educación Infantil. Tamén os acompañamos durante a visita a varias aulas, con sorpresa incluída en 5ºB: as representacións musicais de Andrea e de Mario !

Premer na imaxe para ver as fotos na galería.

ASPANAES

O 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación do Autismo e o venres 7, alumnado de infantil e primaria, fomos facer un tramo do camiño de Santiago con ASPANAES.

Os nenos/as de 5º e de 6º de primaria levamos da man a un alumno/a  de 6º de Educación Infantil ou a un neno/a de 1ºA.

Despois de facer o tramo do camiño de Santiago, fomos ata a praza de Armas onde se soltaron globos azuis e escoitamos a dúas nenas de ASPANAES.                        

Martín Guerreiro Díaz   6ºA                                                      

PROXECTO IGUAIS NA TVG

O Proxecto Iguais foi noticia na TVG.

Un equipo da canle autonómica visitou o centro, onde estivo entrevistando a Nerea, titora de 1º A e membro do equipo de convivencia; a José Pardo, creador e fotógrafo do Proxecto Iguais e á directora do colexio.

A noticia foi emitida o mércores 8 de marzo no informativo "Galicia Noticias Mediodía".

Pódese ver neste enlace.

PROXECTO IGUAIS

 

Con motivo da celebración do 8 de marzo do "día da muller traballadora", convidámoslles a participar no "Proxecto Iguais": unha exposición fotográfica dinámica na que se asocian persoas e profesións poñendo de manifesto as atribucións estereotipadas en función de xénero. Estará no noso centro desde o luns 6 ata o venres 10 de marzo en horario de mañá das 09.15 ás 10.30 horas e de tarde das 16.00 ás 18.00 horas.

Equipo de Convivencia

Distribuir contido


by Dr. Radut