15 de maio- DIA DA FAMLIA

 

 

Con motivo da celebración do día da familia o 15 de maio, queremos pararnos a explicar as orixes desta conmemoración así como a importancia que ten a familia hoxe en día.

Universalmente, a familia segue a ser considerada como a unidade básica da sociedade, xa que  é  un dos vínculos afectivos máis poderosos. O Día Internacional da Familia, que se celebra todos os anos o día 15 de maio, foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 47/237 do 20 de setembro do ano 1993, co obxectivo de aumentar o grado de concienciación acerca dos temas relacionados ca familia  e fomentar os lazos familiares, pero na sociedade actual que vivimos, tamén é preciso concienciar de que non só existe un único tipo de familia tradicional, senón que existen outros modelos totalmente válidos.

E para iso, aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que reflexionemos sobre os distintos tipos de familia que hai, sempre desde unha perspectiva tolerante e non discriminatoria. Esperamos que o desfrutedes!


 

E se vos apetece ler unha serie de contos relacionados ca familia e nos que ademais se traballan valores tan importantes como aprender a perdoar, a respectar diferentes tipos de familia ou se analizan as relacións entre irmáns, podedes consultalos no seguinte link:

https://cuentosparadormir.com/valores/cuentos-de-familia  

 

Ademais, tamén podedes consultar unha serie de actividades que podedes facer na casa cas vosas familias neste tempo de confinamento, como por exemplo, manualidades e debuxos que permitirán desenvolver as capacidades artísticas dos nenos e nenas, ou chistes e trabalinguas, para pasar un rato divertido en familia.

https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/familia/actividades-en-familia-en-casa/#header0