23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

 

Ola a todas e todos!

Este ano teremos que celebrar o día do libro na casa, podemosD facelo en familia, todos xuntos.

Familias, tócavos a vós levar a rendas deste día.

Biblioteca proponvos varias actividades para que elixades a máis axeitada ás vosas nenas e nenos:

 Escollede un libro e lédeo entre todos. Si queredes facede unha gravación, en vídeo ou audio, e enviádenos o resultado ao correo da biblioteca.

 Facede un debuxo do libro que máis vos gusta, poñede unha frase que nos indique por que vos gusta, non esquezades escribir tamén o voso nome e curso, e podedes achegalo ao correo .

• Escollede cinco ou seis libros e cos títulos inventade unha historia, podedes tamén gravalo en vídeo, audio ou escribilo e envíalo ao correo do blogue.

Podedes participar en todas as modalidades que queirades.

Correo: biblioceippraia@gmail.com

Moito ánimo!

Espero as vosas achegas.

mouchiñoMouchiño.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
dia-das-escritoras_F8GnKMER.mp4886.31 KB