blogue desexto

Última semana de abril.

Bos días.

Esta semana cambiamos un pouco a metodoloxía, para reducir as copias. So entregamos as solucións das actividades enviadas a semana pasada. Como sempre, están nos arquivos adxuntos.
Doutra banda, as actividades para esta semana -e tamén para as seguintes- céntranse en contidos novos seguindo os libros. Así:
-para matemáticas: ver na Aula virtual o vídeo explicativo sobre as unidades de medida e facer, do libro, os exercicios seguintes: lonxitude: páxina 172, o 3; páx 173, 4,5 e 6; masa: páx. 174, 11; páx. 175, 13 e 14; capacidade: páx. 176, o 20; e páx 177: 21 e 22.
-lingua: ver vídeo sobre o atributo e facer os seguintes exercicios: lectura da páx 132 e contestar á preguntas de comprensión lectora 3, 4, 5 e 7. Páx 137: 3, 5 e 6
-lengua: ver vídeo sobre el atributo na aula virtual, e do libro ler a lectura da páx 138 e facer as actividades de comprensión lectora 2, 3, 6 e 9. Páx 143: 3, 6, 7 e 9.
-Naturais: ler o resumo posto na aula virtual sobre a materia e as mesturas, facer os exercicios nº 2 da páxina 85 e 1, 2 e 3 da páx. 87. Á fins da semana haberá un cuestionario sobre este apartado. Optativo: facer unha táboa sobre as propiedades específicas da pechblenda ou uraninita (lectura do tema) na que se poñerá unha imaxe, o seu nome e as características de cor, brillo, dureza, opacidade, densidade, propiedade clave e indicar que material radiactivo se obtén dela. Quen faga esta actividade completa, será exposta na páx web. Para non deixar ningún punto en branco podedes consultar a wikipedia en castelán e en galego.
-Sociais: ver o vídeo posto na aula virtual, ler e  realizar as actividades 1, 2, 3 e 5 da páx 91 e as interactivas sobre o reinado de Fernando VII e Isabel II da aula virtual.

Un saúdo.

ACTIVIDADES semana do 20 de ABRIL e solucións semana anterior.

Bos días e boa semana.

Nos arquivos adxuntos achéganse as actividades propostas para esta semana xunto cas solucións dos exercicios enviados a semana pasada.

Lembrade rexistrarvos na aula virtual.

A contrasinal de convidado, que será necesaria para accederdes despois do rexistro persoal, está no correo da semana pasada.

Un saúdo.

ACTIVIDADES semana do 14 de ABRIL

Achéganse as actividades propostas para realizar ó longo desta semana. Atópanse no pdf adxunto.

Neste mesmo blog, como podedes ver, podedes acceder a algúns contidos interactivos, a parte dos xa indicados nun correo anterior á Pascua.

Asemade, se clicades en "Aula virtual", na esquina superior esquerda vosa, podedes acceder a ela.

A clave de convidado é sextopxb

Na aula virtual, a parte dalgunhas actividades xa postas tamén aquí no blog, tedes dúas actividades interactivas moi importantes: practica o cálculo e operacións con decimais. Destas, especialmente as divisións, sería bo que as fixésedes antes nun caderno e despois comprobásedes na aplicación o feito.

As operacións de "Practica o cálculo"son ilimitadas. Rematada unha suma, por exemplo, para volver facer outra distinta so hai que retornar a ela, ben accedendo ó menú, ou premendo na frecha de retroceso.

Ánimo.

Europa e a UE

Actividades interactivas sobre a UE.

O programa ten uns aniños.

Preme no adxunto para accederes ó mesmo.

A reproducción I

Repaso dalgúns aspectos relacionados ca función de reproducción.

Distribuir contido