blogue desexto

Semana do 18 de maio

Moi bos días.

Desta vez incluímos actividades dos libros e algunhas fichas que, como sempre, están en adxuntos.

Libros: aínda que hai vídeos expostos na aula virtual sobre as actividades propostas, ler tamén as páxinas correspondentes dos diferentes libros.

Matemáticas: páx 178, exercicio 28; páx. 179, os número 29, 31 e os tres problemas; páx 180, o 1; e páxina 181, os número 1, 2 e 4. Vídeo na aula virtual.

Lengua: lectura do tema 10 e as preguntas sobre a lectura números 2, 3, 4 e 10. Da páx. 159, os exercicios 2, 3, 5 e 7, relacionados cos vídeos expostos na aula virtual.

Lingua: da páx. 153, os exercicios 2, 3, 4 e 5. Ver os vídeos relativos a ditos exercicios na aula virtual. Como se fai o 3? Como no seguinte exemplo:

Cópiase cada oración do exercicio anterior e séguese do seguinte xeito:

Raquel escribiu unha carta ó director do colexio.

  • Raquel escribiuna ó director do colexio.
  • Raquel escribiulle unha carta.
  • Raquel escribiulla.

Sociais: exercicios da páxina 92, números 1, 2, 3 e primeira pregunta do 4. Teñen vídeo na aula virtual.

Naturais: na aula virtual está posto un resumo sobre a enerxía e as fontes enerxéticas. As actividades atópanse nos adxuntos e contestar á actividade Traballa ca imaxe da páxina 88.

Semana das Letras

Bos días.

Esta semana só se poñen nos adxuntos as actividades de resposta ós exercicios da semana pasada.

As desta semana están deseñadas pola Equipa de Dinamización, polo que, pra acederdes a elas, tedes que baixar á sección "Os nosos blogues", no fondo da páxina e premer sobre o da Equipa de Dinamización.

Máis mineral!!!

Segue chegando máis pechblenda da mina de 6º A. Desta vez:

Nelly

 

Actividades: 1ª semana maio

Bos días.
Esta semana comezo pedíndovos colaboración para unha actividade da equipa de Dinamización. Como sabedes, tódolos anos prepárase a revista escolar, e, desta vez, como vos ides, pois tócavos redatar unha carta de despedida da escola, na que sería bo que incorporásedes as vosas impresións sobre esta situación que vos tocou vivir.

Doutra banda, as actividades propostas para esta semana son as seguintes:
-Matemáticas: ficha con actividades de cálculo, conversión de medidas, problemas. Do libro, a partir da páxina 173, os exercizos 7, 10, 17, 24 e 26. Pedirvos, asemade, que realicedes actividades da aula virtual das que se mencionan na ficha.
-Lengua: ficha de vocabulario, acentuación, verbos, identificación de suxeito e predicado (cos elementos vistos ata o de agora) e comprensión lectora. Aula virtual: repasar as actividades postas.
-Lingua: comprensión lectora, acentuación, vocabulario, pronomes, s/x e eufemismos. Redatar a carta de despedida da escola. Isto é en grupo, polo tanto teriades que organizarvos dalgún xeito, ou decidirdes entre quen de vós vai ser redatada. Para facilitarvos a comunicación e falardes deste punto ou doutros, púxenvos unha sá de chat na aula virtual, "Faladoiro de 6º". Igual ca en lengua, repasar as actividades da aula virtual. Tamén empezamos a celebrar o Día das Letras cunha actividade interactiva.
-Naturais: tedes unha páxina con preguntas sobre o visto do tema novo e, na aula virtual, unha actividade de repaso e preguntas sobre dito apartado.
-Sociais: unha páxina con preguntas sobre o apartado visto do século XIX e, na aula virtual unha actividade relacionada.
-Valores: para quen ten esta asignatura, tedes que acceder á aula virtual e seguirdes as instruccións.

Como sempre en adxuntos, as fichas e as respostas ás actividades da semana pasada.

Pechblenda ou uraninita

Juán Nicolás                                      Anxo

 

Nicolás                                   Irene

Distribuir contido