Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Novembro 14, 2013 »
Xov
Start: 14/11/2013 00:42

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES DA CAMPAÑA :RECICLA Ó XÉNERO

            En colaboración co Concello realizarase unha actividade,con motivo da conmemoración do 25 de novembro, declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller, dirixida a todo o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A actividade consistirá en:

·        

45 min. De “Contacontos de Igualdade” (a cargo dunha persoa especialista dedicada a realización de espectáculos infantís e xuvenís de contido educativo, tratando o tema da igualdade).

·        

45 min. obradoiro lúdico “Deseñemos a nosa Campaña contra a Violencia de Xénero”.

Neste obradoiro, tras unha breve introdución e explicación do signicado da conmemoración do 25 de novembro polas persoas educadoras da actividade, os nenos e nenas terán a oportunidade de deseñar as súas propias chapas, lazos, separadores de páxinas, cartaces,...con debuxos e frases que simbolicen o rexeitamento cara a violencia de xénero.

Distribuir contido