Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Novembro 14, 2013
Start: 14/11/2013 00:42

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES DA CAMPAÑA :RECICLA Ó XÉNERO

            En colaboración co Concello realizarase unha actividade,con motivo da conmemoración do 25 de novembro, declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller, dirixida a todo o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A actividade consistirá en:

·        

45 min. De “Contacontos de Igualdade” (a cargo dunha persoa especialista dedicada a realización de espectáculos infantís e xuvenís de contido educativo, tratando o tema da igualdade).

·        

45 min. obradoiro lúdico “Deseñemos a nosa Campaña contra a Violencia de Xénero”.

Neste obradoiro, tras unha breve introdución e explicación do signicado da conmemoración do 25 de novembro polas persoas educadoras da actividade, os nenos e nenas terán a oportunidade de deseñar as súas propias chapas, lazos, separadores de páxinas, cartaces,...con debuxos e frases que simbolicen o rexeitamento cara a violencia de xénero.

Venres Novembro 15, 2013
Start: 15/11/2013 10:00

 

  MAGOSTO NO PORTOFARO

Un ano máis, o colexio prepara a celebración do MAGOSTO, unha das festas tradicionais da nosa cultura. Neste curso, ademais das actividades didácticas propias de cada grupo, o Departamento de Actividades Complementarias ten programadas as seguintes actividades conxuntas para todo o alumnado.

  • Concurso de degustación de pratos cociñados con froitos do outono, o venres 15 de novembro. Haberá  premios para os mellores. Deixaránse nas mesas da entrada do colexio as 9.00 co nome e curso por debaixo.
  • Concurso de colares e manualidades feitos con castañas .Tamén haberá premio por aula.

 Festa do MAGOSTO, ás 12:20h  coa degustación propia das castañas asadaS.

Xoves Novembro 28, 2013
Start: 28/11/2013 10:47

TEATRO: LA VUELTA ALMUNDO

Todo Público Otoño 13 - LA VUELTA AL MUNDO O alumnado de 3º e  4ºo día 28 de novembro e 5º e 6º o día 29 irán a unha sesión de teatro ao Forum para ver " la vuelta al mundo". A obra teatral é unha marabillosa viaxe na que desafian a Fogg a dar a volta ao mundo en 60minutos.

Música en directo, marionetas e unha escenografía de maletas e baúis crean ambientes e atmosferas que nos transportarán a lugares exóticos viaxando en barco, elefante, dilixencia ou zorra. Unha fantástica aventura con moito humor e imaxinación.

Venres Novembro 29, 2013
Start: 28/11/2013 10:47
End: 29/11/2013 10:47

TEATRO: LA VUELTA ALMUNDO

Todo Público Otoño 13 - LA VUELTA AL MUNDO O alumnado de 3º e  4ºo día 28 de novembro e 5º e 6º o día 29 irán a unha sesión de teatro ao Forum para ver " la vuelta al mundo". A obra teatral é unha marabillosa viaxe na que desafian a Fogg a dar a volta ao mundo en 60minutos.

Música en directo, marionetas e unha escenografía de maletas e baúis crean ambientes e atmosferas que nos transportarán a lugares exóticos viaxando en barco, elefante, dilixencia ou zorra. Unha fantástica aventura con moito humor e imaxinación.

Xoves Decembro 12, 2013
Distribuir contido