Psicomotricidade


DESCRICIÓN   A actividade desenvólvese en dúas sesións semanais dunha hora de duración. As sesións serán vivenciais (os nenos xogan libremente, coa mediatización do profesor) e funcionais (o profesor é quen propón o xogo ou xogos determinados para traballar algún aspecto en especial).
OBXECTIVOS
Crear independencia entre os desenvolvementos motores, afectivos e intelectuais.
Motivar a capacidade sensitiva a través das sensacións e relacións entre o corpo e o exterior.
Cultivar a capacidade perceptiva a través do coñecemento dos movementos e a resposta corporal.
Organizar a capacidade dos movementos representados ou expresados a través dos signos, símbolos, planos e da utilización de obxectos reais e imaxinarios.
Facer que as nenas e os nenos poidan descubrir e expresar as súas capacidades a través da acción creativa e a expresión da emoción.
Ampliar e valorar a identidade propia e a autoestima dentro da pluralidade grupal.
Crear seguridade ao se expresar a través de diversas formas como un ser valioso, único e irrepetible.
Crear unha conciencia e un respecto na presencia e no espazo dos demáis.

PREZO 17 €. 2h/semana
PROFESORADO Paula Quintas e Arturo Cobas